Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

12

Núm. 150 martes, 2 de xullo de 2019

BOP Lugo
Segundo Tenente de Alcalde: Don JoséÁngel Rodríguez Raposo Terceira Tenente de Alcalde:

Dona María Dolores Sánchez Durán
Os Tenentes de Alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ó Alcalde nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como desempeña-las funcións de Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Da presente resolución darase coñecemento ó Pleno na primeira sesión que se celebre, ademais notificarase persoalmente ós designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte o da presente resolución conforme se indica na vixente lexislación.
Quiroga 17 de xuño de 2019.- Julio Álvarez Núñez Quiroga, 24 de xuño de 2019.- O ALCALDE, JulioÁlvarez NúñezEDICTO
De acordo co disposto no artigo 38 d do RD 2568/1986, do 28 de novembro, faise público o Decreto de Alcaldía de 17/06/2019, relativo a Delegacións, que na súa parte dispositiva establece:
Visto o sinalado no artigo 38 d do R.D. 2568/1986 de 28 de novembro:
Dentro de los treinta días siguientes al de la sesión constitutiva, el Alcalde convocará la sesión o sesiones extraordinarias del Pleno de la Corporación que sean precisas, a fin de resolver sobre los siguientes puntos:
d.- Conocimiento de las resoluciones del Alcalde en materia de nombramientos de Tenientes de Alcalde, miembros de la Comisión de Gobierno, si debe existir, y Presidentes de las comisiones informativas, así como de las delegaciones que la alcaldía estime oportuno conferir.
Visto o sinalado no artigo. 43 e 44.2 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO:
1. Sen prexuízo das delegacións e atribucións na Xunta de Goberno Local, efectuar as delegacións que a continuación se indican:
Servizos básicos e atención ao cidadán Don JoséEnríquez Álvarez Benestar e Igualdade
Dona Ana María Núñez García
Deportes e piscinas
Don Andrés Novoa Arza
Xuventude e Terceira Idade
Dona Ana Lucía Nogueira Marcos
Cultura, Eventose Turismo
Don José Luís Rivera Castro
Educación e infancia
Dona María Dolores Sánchez Durán
Medio Rural
Don JoséÁngel Rodríguez Raposo
As devanditas delegacións abarcan a facultade de dirección dos servizos, así como a súa xestión e a sinatura de documentos para todos aqueles asuntos, dentro das áreas das súas respectivas competencias, que vaian a producir efectos fronte a terceiros, quedando excluída a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros, salvo que para casos concretos se realice a oportuna delegación específica.
2. Delegar nos membros da Xunta de Goberno Local a sinatura para os asuntos urxentes que non afecten a facenda municipal.
3. Delegar, en caso de ausencia ou enfermidade, nos Tenentes de Alcalde a competencia para a celebración de matrimonios civís conforme ó artigo 58 do Código Civil, ata a renovación da Corporación.
4. Autorizar a sinatura dos visto e prace que deban incluírse nas certificacións emitidas polos funcionarios municipais, aos seguintes Concelleiros:
- Membros da Xunta de Goberno Local.
- Concelleira/o de Servizos básicos e atención ao cidadán.
- Concelleira/o de Deportes e piscinas.
- Concelleira/o de Xuventude e Terceira Idade.
5. Delegar a Presidencia da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno na Concelleira Dona Ana Lucía Nogueira Marcos, sen prexuízo de que dita función poida ser asumida pola propia Alcaldía.
6. Delegar a Presidencia da Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas no Concelleiro Don JoséLuisRivera Castro, sen prexuízo de que dita función poida ser asumida pola propia Alcaldía.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/07/2019

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions