Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

14

Núm. 174 mércores, 31 de xullo de 2019

BOP Lugo
PRIMEIRO.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións:
1. O outorgamento de licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno, coa excepción dos permisos referidos a festexos populares e acampadas cuio outorgamento sexa competencia da Alcaldía.
2. Tomar razón das declaración responsables en materia de urbanismo e actividades.
3. A aprobación de instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ó Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
4. Resolución de expedientes de apertura e cambio de titularidade de establecementos.
SEGUNDO.- Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, e publicarase no Boletín Oficial da provincia de Lugo, sen prexuízo de súa efectividade dende o día seguinte ó da presente resolución.
En Sober, a 20 de xuño de 2019.O ALCALDE Asdo.- Luis Fernández Guitián, Ante min A Secretaria-Interventora Asdo.- Nadia Díaz Vázquez, Sober, 24 de xullo de 2019.- O Alcalde, Luis Fernández Guitián.
R. 2351

Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DE ACORDO DO PLENO DO CONCELLO DE SOBER DE DATA 4 DE XULLO DE 2019, EN RELACIÓN
A APROBACIÓN DE PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DO CONCELLO
DE SOBER

O cal exponse ao público por prazo de 30 días para común coñecemento.
Sober, 24 de xuño de 2019.- O Alcalde, Luis Fernández Guitián.
R. 2352

XOVE
Anuncio Por Decreto da Alcaldía de data 23 de Xullo de 2.019, prestouse aprobación inicial ó Padrón do Imposto de Actividades Económicas correspondente ó exercicio de 2.019 pola parte cuia xestión corresponde ao Concello de Xove.
Por medio do presente ponse no coñecemento dos contribuíntes obrigados ó pago do imposto, que dispoñen de un prazo de quince días, contados a partires da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que poda ser examinado e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcurrido o plazo de exposición pública, non se tivese formulado ninguna reclamación contra o mesmo.
PERIODO DE COBRO
De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, fíxase como plazo de ingreso en periodo voluntario o comprendido entre os días 1 de setembro a 31 de outubro na entidade bancaria Banco Santander, Sucursal de Xove, no horario de apertura ó público da mesma, de 8.30 a 14.00 horas, de acordo co disposto no artigo 14 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público que os interesados poderán interpor ante o Alcalde-Presidente e contra a aplicación e efectividade do Tributo acordada o recurso de reposición a que se refire o artigo 108 da Lei 7/85, de 2 de abril, previo ó contencioso-administrativo, no plazo dun mes a contar dende a publicación deste anuncio no B.O.P. O recurso entenderase desestimado de non ter recaído resolución no plazo máximo dun mes.
Transcorrido o plazo de pago en periodo voluntario, iniciarase o periodo executivo, esixíndose as débedas polo procedemento de constrinximento, devengando o recargo de apremio, xuros de demora e, no seu caso, as costas que se produzan, dacordo co establecido no artigo 28 da Lei Xeral Tributaria, e segundo preceptúa o Regulamento Xeral de Recaudación.
O presente anuncio, en ámbolos dous supostos de anuncio de exposición ó público do Padrón e periodo de cobro en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 174 año 2019 30/07/2019 13:08:11
31/07/2019 08:00:00

Para común coñecemento ao abeiro da normativa vixente, faise público que por acordo do Pleno do Concello de Sober de data 4 de xullo de 2019 resultou aprobado o Plan Municipal de Prevencion e Defensa contra os incencios forestais do Concello de Sober.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/07/2019

Page count15

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions