Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

15

Núm. 168 martes, 23 de xullo de 2019

BOP Lugo
Anuncio CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN DA COMISIÓN ESPECIAL PARA O ESTUDO E INFORME DO SISTEMA DE
XESTIÓN DA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES MANUEL VILLASOL.
O Concello de Pedrafita do Cebreiro, no pleno celebrado en sesión extraordinaria organizativa o día 27 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
PRIMEIRO.- Constituír a Comisión Especial para o Estudo e Informe do sistema de Xestión da Residencia e Centro de día para persoas maiores Manuel Villasol.
SEGUNDO.- Determinar a seguinte composición por grupos políticos, para acomodar a súa composición á proporcionalidade existente entre tódolos grupos políticos representados na Corporación:
-1 Presidente, cargo que ostentará o Alcalde ou Concelleiro en quen delegue.
-1 representante do Grupo Mixto.
- 2 representantes do Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia P.S. de G.
- Secretario/a : O Secretario/a da Corporación ou funcionario en quen delegue.
- Técnico/a: Traballador/a Social do Concello con voz e sen voto.
TERCEIRO.- As sesións ordinarias celebraranse con anterioridade ao momento en que deba convocarse e notificarse a orde do día das sesións de carácter ordinario a celebrar polo Pleno municipal.
CUARTO.- A adscrición concreta á Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte das mesmas, en representación de cada grupo, realizarase mediante escrito do/a Voceiro/a do mesmo, dirixido ao Alcalde, e do que se dará conta ao Pleno. Poderá designarse, de igual forma, un suplente para cada titular.
Pedrafita do Cebreiro, 15 de xullo de 2019.-O alcalde, José Luis Raposo Magdalena.

SARRIA
Anuncio Por parte do Concello de Sarria vaise proceder a seguinte contratación laboral temporal de persoal para a Brigada contra Incendios Forestais:
3 Conductores de motobomba.
1 Xefe de grupo de Brigada.
1 Conductor Brigada.
3 Peóns Brigada.
Prazo de presentación de instancias: 10 días naturais, contados o día seguinte en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Bases para a selección, completas, publicadas no portal de transparencia do Concello de Sarria carpeta 1.7.2:
sede.sarria.es Sarria a 15 de xullo de 2019.- O Alcalde, Claudio Melquiades Garrido Martinez.
R. 2219

TRIACASTELA
Anuncio O Pleno do Concello de Triacastela, en sesión celebrada o 11 de xullo de 2019, acordou iniciar un expediente de desafectación dun tramo do camiño de uso público identificado catastralmente como parcela 9004 do polígono 33 referencia catastral 27062A0330900400004WR para a súa posterior permuta por unha superficie de 70 m2
da parcela 17 do polígono 33, propiedade de D. Manuel Moeda Fernández.
De conformidade co establecido no artigo 8 do Regulamento de Bens das Entidades Locais o expediente sométese a información pública durante un mes que comezará a contarse desde o día seguinte ao publicación do presente anuncio no BOP, co fin de que, dentro do antedito prazo, os interesados poidan examinar o expediente e formular as alegacións ou observacións que estimen pertinentes.
O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia
Anuncio publicado en: Num BOP 168 año 2019 22/07/2019 11:35:55
23/07/2019 08:00:00

R. 2227

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/07/2019

Page count16

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions