Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

13

Núm. 168 martes, 23 de xullo de 2019

BOP Lugo

Ser español.

Ser maior de idade.

Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade que sinala o artigo 303 da Lei orgánica do Poder Xudicial.

3º.- INCOMPATIBILIDADES.- As causas de incompatibilidade ás que se refiren os artigos 389 e seguintes da devandita lei orgánica, operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opción que efectúen os nomeados.
Non constitúen causa de incompatiblidade a dedicación á docencia ou á investigación xurídica, e ao exercicio de actividades profesionais ou mercantís sempre que non impliquen asesoramento xurídico de ningún tipo e que, pola súa natureza, non sexan susceptibles de impedir ou menoscabar a súa imparcialidade ou independencia nin poidan interferir no estrito cumprimento dos deberes xudiciais.
4º.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Quince días hábiles que comezarán a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
5º.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACHEGARSE COA SOLICITUDE.- A solicitude será facilitada nas oficinas municipais, e acompañarase da seguinte documentación:
Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.

Certificación médica acreditativa de non estar impedido física ou psiquicamente para o exercicio da función xudicial.

Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da lei 68/1980, do 1 de decembro, no seu punto 1, a, referente a se se atopa inculpado ou procesado.

Xustificante dos méritos que, no seu caso, alegue o solicitante, deberase especificar a profesión do solicitante.

6º.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.- No Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h, ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Se a solicitude se presentara por correo ou nun rexistro diferente ao do concello de Ourol, deberase remitir ao fax do concello de Ourol 982 559002 ou ao correo electrónico concellodeourol@concellodeourol.es comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente antes da data de expiración do prazo, o documento xustificativo correspondente.
Ourol, 11 de xullo de 2019.- O Alcalde, Luis Pajón Camba.
R. 2215

Anuncio Formulada e rendida a Conta Xeral do orzamento desta entidade correspondente ao exercicio 2018, exponse ao público polo prazo de quince días, xunto cos seus xustificantes e o ditame emitido pola Comisión Especial de Contas o día dez de xullo de dous mil dezanove. Durante este prazo e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións, que serán examinadas por esta Comisión, que practicará cantas comprobacións estime necesarias, emitindo novo informe antes de sometelas á consideración do Pleno do concello para que poidan ser examinadas e, no seu caso, aprobadas de conformidade co disposto no artigo 212.3.4 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Ourol, dez de xullo de dous mil dezanove.- O alcalde, José Luis Pajón Camba.
R. 2216

PANTÓN
Anuncio Por Decreto de Alcaldía Nº140/2019 de 08 de xullo apróbanse as Bases do proceso selectivo e convocatoria para a contratación de tres peóns durante seis meses, como persoal laboral temporal a xornada completa, en base o Convenio de Colaboración asinado coa Deputación Provincial de Lugo para a execución de obras, servizos e emprego ao abeiro do programa FOMENTO DO EMPREGO 2019:
- Tres peóns.

Anuncio publicado en: Num BOP 168 año 2019 22/07/2019 11:35:55
23/07/2019 08:00:00

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/07/2019

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions