Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 165 venres, 19 de xullo de 2019

BOP Lugo
CASTRO DE REI
Anuncio O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día cinco de xullo do dous mil dezanove, adoptou, entre outros, os seguintes acordos relativos ás proposicións de alcaldía sobre:
PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO:
Primeiro.- O Concello Pleno celebrará sesións ordinarias, de conformidade co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 78.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o terceiro venres dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, ás dezaseis horas e trinta minutos.
Segundo.- Facultar á Alcaldía-Presidencia para todos aqueles actos que sexan necesarios para a execución do presente acordo.
PERCEPCIÓN DE RETRIBUCIÓNS POLO EXERCICIO DOS CARGOS, INDEMNIZACIÓNS E ASIGNACIÓNS A GRUPOS
POLÍTICOS MUNICIPAIS:
Primeiro.- O membro da Corporación que vai desempeña-lo cargo con dedicación exclusiva é:
- O Sr. Concelleiro, D. Roberto Lorenzo Fernández, co seguinte réxime de retribucións: 2.189,00 euros brutos mensuais, de catorce pagas anuais, asumindo a Corporación o pago das cotas empresariais que correspondan.
Estas retribucións terán unha subida ou unha reducción anual en orzamentos igual á subida ou reducción regulamentada anualmente para o persoal, nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
Segundo.- O membro da Corporación que vai desempeña-lo cargo con dedicación exclusiva é:

Terceiro.- O membro da Corporación que vai desempeña-lo cargo con dedicación parcial de vintecinco horas á semana é:
- O Sr. Concelleiro D. José Luis García Barja, co seguinte réxime de retribucións: 1.213,94 euros brutos mensuais, de catorce pagas anuais. Estas retribucións terán unha subida ou unha reducción anual en orzamentos igual á subida ou reducción regulamentada anualmente para o persoal, nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
Cuarto.- Designación de persoal eventual, dacordo co artigo 104,bis da Lei de Bases de Réxime Local:
- Nomear a D María Dolores Fernández Pita, como persoal de confianza, a media xornada de luns a venres, para apoio á alcaldía, co seguinte réxime retributivo: 873,37€ brutos mensuais, de catorce pagas anuais. Estas retribucións terán unha subida ou unha reducción anual en orzamentos igual á subida ou reducción regulamentada anualmente para o persoal, nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
Quinto.- Asistencias a sesións de órganos colexiados:
Os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin parcial, percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións de:
- Plenos: Contía de 140 euros.
- Xunta de Goberno Local: Contía de 80 euros.
- Comisións Informativas: Contía de 80 euros.
Sexto.- Participación en Tribunais: Os membros da Corporación percibirán as indemnizacións por razón de concorrencia a sesións de Tribunal e órganos colexiados da selección de persoal, as que legalmente fixe o Estado, no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
Sétimo.- Indemnizacións por razón do servizo:
- As establecidas na Lexislación Xeral do Estado, de acordo co disposto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
- Os gastos de locomoción serán os sinalados no RD 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións de servizo, debidamente actualizado pola Orde EHA/3770/2005, de 1 de decembro, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no citado Real Decreto.
Oitavo.- Asignación ós Grupos Políticos Municipais por razón do disposto no artigo 73 da Lei de Bases de Réxime Local:
- Cincuenta euros ó mes por cada un dos concelleiros integrantes de cada grupo municipal.
- Oitenta euros ó mes por cada grupo municipal.
-

Anuncio publicado en: Num BOP 165 año 2019 18/07/2019 10:17:44
19/07/2019 08:00:00

- O Sr. Alcalde D. Francisco Javier Balado Teijeiro, co seguinte réxime de retribucións: 2.734,19 euros brutos mensuais, de catorce pagas anuais. Estas retribucións terán unha subida ou unha reducción anual en orzamentos igual á subida ou reducción regulamentada anualmente para o persoal, nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/07/2019

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions