Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 165 venres, 19 de xullo de 2019

BOP Lugo
reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Burela ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 08 de xullo de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2171

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO REDE MUSEÍSTICA
Anuncio CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE ARTIGOS PARA A PUBLICACION NO BOLETÍN DO MUSEO PROVINCIAL DE
LUGO Nº XVI
En sesión ordinaría celebrada o celebrada o día vinte e oito de xuño de dous mil dazanove, aprobouse en Xunta de Gobernno a CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE ARTIGOS PARA A PUBLICACION NO BOLETÍN DO MUSEO
PROVINCIAL DE LUGO Nº XVI que se publica a continuación:
1.- Os artigos que se presenten ao número XVI do BOLETÍN DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO versarán sobre:
- Historia e contidos dos museos que integran a Rede Museística Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor.
-Historia, Arte, Arqueoloxía, Etnografía, etc., preferentemente sobre a provincia de Lugo.

3.- Ademais do texto, admitirase un máximo de 15 fotografías en jpg ou tiff a 1 MB de resolución minima, que deberán vir numeradas e co seu correspondente texto explicativo. Tamén poden figurar intercaladas no texto. Igual tratamento aplicarase a cadros, mapas, gráficos, figuras, etc. que acompañen ao artigo.
4.- As referencias bibliográficas realizaranse de acordo co seguinte estilo:
- Monografías.
Autor APELIDOS, Nome. Titulo da monografía. Edición. Lugar: Editorial, ano. ISBN.
- Artigos de Revistas.
Autor APELIDOS, Nome. Título, en Boletín do Museo Provincial de Lugo, Tomo XI, ano, páxinas do artigo.
- Partes de monografías.
Autor APELIDOS, Nome. Título da parte, en Título da monografía. Lugar: Editorial, ano. Páxs. ISBN.
5.- As notas ao pé de páxina irán, como o seu nome indica, ao pé da páxina e non ó final do artigo. Pola súa parte, a bibliografía figurará ao final do artigo, ordenada alfabeticamente segundo o primeiro apelido dos autores. Se un autor conta con máis dunha obra, a ordenación será pola data de publicación, comezando pola máis antiga.
6.- Os traballos teñen que ser inéditos e cada autor poderá presentar un máximo de dous traballos.
7.- Co artigo acompañarase un breve resumo cun máximo de cinco liñas, en galego, castelán e inglés, do tema desenvolto; así como un currículo asinado do autor ou autores, indicando nel o enderezo permanente, teléfono de contacto e correo electrónico.
8.- A presentación de orixinais supón a aceptación das presentes bases, ás resolucións que o Comité de Redacción considere oportunas e a renuncia a calquera tipo de reclamación.
9.- Na corrección de probas de imprenta, realizada polos autores, non se admitirán variacións significativas nin adicións ao texto. A corrección farase nun prazo máximo de 5 días.
10.- Establécese como prazo máximo para a súa presentación o 30 de setembro de 2019.
11.- A Deputación Provincial, por medio dos Comités de Redacción e Científico deste Boletín, reserva para si o dereito de admisión e selección dos traballos presentados. Tamén, se o considera oportuno, a reedición dos artigos ou a realización de separatas.
12.- Integran o Comité de Redacción do Boletín do Museo Provincial de Lugo as seguintes persoas: Aurelia Balseiro García Directora do Museo Provincial de Lugo, Encarnación Lago González Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Enrique Alcorta Irastorza Responsable de Arqueoloxía do Museo Provincial de Lugo, Fernando Arribas Arias Responsable de Difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo, Blanca Besteiro García Restauradora do Museo Provincial de Lugo, Ofelia Carnero Vázquez Técnica de Museos, Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, María del Rosario Fernández González Responsable de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística da Deputación de Lugo, María Quiroga Figueroa Técnica de Museos, Departamento de Belas
Anuncio publicado en: Num BOP 165 año 2019 18/07/2019 10:17:44
19/07/2019 08:00:00

2.- Os traballos, en galego, terán unha extensión máxima de 50 páxinas en DIN-A4 e presentaranse en formato dixital aberto, con tipo de letra Times New Roman de tamaño 12 e interlineado de 1,5.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/07/2019

Page count30

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions