Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

59

Núm. 162 martes, 16 de xullo de 2019

BOP Lugo
polo Alcalde, que a preside, e concelleiros nomeados libremente por él como membros da mesma, prevendo que o alcalde pode cesar libremente, en todo momento a calesqueira membros da Xunta de Goberno. Segundo o establecido en ditos artigos o número de concelleiros que o Alcalde pode nomear como membros da Xunta de Goberno Local non pode superar o tercio do número legal de membros da corporación.
Resultando que según prevé o artigo 46 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, así como o artigo 62
da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Tenentes de Alcalde serán libremente nomeados e cesados polo Alcalde, de entre os membros da Xunta de Goberno Local.
Resultando que o artigo 43 do ROF, en consonancia co artigo 120 prevé a delegación de competencias e contempla a existencia de concelleiros delegados, indicándose no artigo 120 que se perde a condición de concelleiro delegado por revocación da delegación, adoptada polo Alcalde coas mesmas formalidades previstas para o seu outorgamento. Segundo o previsto no artigo 43 do ROF o Alcalde pode delegar o exercizo de determinadas atribucións nos membros da Xunta de Goberno Local, sen prexuízo das delegacións especiais, que, para cometidos específicos, poda realizar a favor de calquer concelleiro, aínda que non pertenzan á Xunta de Goberno Local. As delegacións xenéricas referiranse a unha ou varias áreas ou materias determinadas, e poderán abarcar tanto as facultades de dirixir os servizos correspondentes como a de xestionalos en xeral, incluída a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros. Así mesmo poden efectuarse delegacións específicas en calquer concelleiro para a dirección e xestión de asuntos determinados incluidos nas citadas áreas. Neste caso, o Concelleiro que ostente unha delegación xenérica terá a facultade de supervisar a actuación dos concelleiros con delegacións especiais para cometidos específicos incluidos na súa área. As delgacións especiais poderán ser de tres tipos: relativas a un proxecto ou asunto determinado, relativas a un determinado servizo ou relativas a un distrito ou barrio.

O artigo 52 prevé que os nomeamentos e ceses dos membros da Xunta de Goberno Local serán adoptados coas formalidades prescritas no artigo 46, remitíndose polo tanto ó procedemento previsto para o nomeamento e cese dos Tenentes de Alcalde. Establécese no artigo 112 do ROF que en defecto de previsión expresa no Regulamento Orgánico da Entidade, a Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria cada quince días como mínimo, correspondendo ó Alcalde fixar mediante decreto o día e hora en que deba celebrarse sesión ordinaria.
Respecto ás delegacións, o artigo 44 do ROF indica que serán realizadas mediante Decreto da Alcaldía e surtirá efecto dende o día seguinte ó da data do Decreto, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Esta Alcaldía ten a ben dictar a seguinte RESOLUCIÓN
PRIMEIRO.- Nomear como membros da Xunta de Goberno Local ós seguintes concelleiros:

D. Jesús Fernández Fernández.

D. Lara Fernández Fernández-Noriega.

D. Jesús Antonio Fernández Cal.

D. María Soledad Rey Yáñez.

D. César Iglesias Docal.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local, que estará presidida pola Alcaldesa, queda integrada polos cinco concelleiros anteriormente referidos.
SEGUNDO.- Fixar a celebración de sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local todos os mércores de cada mes ás 14:30 horas. No suposto de que a data fixada para as sesións ordinarias sexa festivo celebrarase o primeiro día hábil seguinte TERCEIRO.- Nomear como Tenentes de Alcalde ós seguintes concelleiros:
1º TENENTE DE ALCALDE: D. Jesús Fernández Fernández.
2º TENENTE DE ALCALDE: D. Lara Fernández Fernández-Noriega.
3º TENENTE DE ALCALDE: D. Jesús Fernández Cal.
4º TENENTE DE ALCALDE: D. María Soledad Rey Yáñez.
1. CUARTO.- Outorgar ós seguintes concelleiros, que a continuación se relacionan as seguintes delegacións:

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2019 15/07/2019 12:14:27
16/07/2019 08:00:00

Resultando que según establece o artigo 46 do ROF, os nomeamento e ceses dos Tenentes de Alcalde realizarase mediante Resolución da Alcaldía da que se dará conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre, notificándose, ademáis, persoalmente ós designados, e publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte da firma da resolución pola Alcaldesa, se na mesma non se dispón outra cousa.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2019

Page count61

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions