Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 160 sábado, 13 de xullo de 2019

BOP Lugo
Don Rubén Vidal Vidal.
Segundo.- As sesións ordinarias da Xunta de Goberno de Local do Concello de Meira celebraranse semanalmente todos os luns ás 10:00 horas.
Que a primeira reunión se celebre o luns día 1 de xullo ás 11:00 horas.
Terceiro.- As competencias da Xunta de Goberno Local serán a asistencia ao Alcalde no exercicio das súas atribucións así como aquelas que o Alcalde ou outro órgano municipal lle deleguen ou lle atribúan as leis.
Cuarto.- A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas. A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Quinto. Da presente resolución darase conta ao pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no boletín oficial da provincia, sen prexuízo da efectividade desde a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Así o manda e asina o Sr. Alcalde-Presidente, en Meira a 1 de xullo de 2019, ante min, a Secretaria que dá fe.
ASISTENCIAS A ÓRGANOS COLEXIADOS
De conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, fanse públicas as indemnizacións e asistencias dos membros desta Corporación, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria celebrada o 1 de xullo de 2019:

2.- Aqueles concelleiros que asistan ás sesión dos distintos órganos colexiados, percibirán unha indemnización de 75€/sesión. Dita medida terá efecto a partir do 1 de xaneiro do 2020, xa que as Bases de execución do Orzamento do exercicio en vigor establecen 30€.
3.- As indemnizacións debidas a gastos de desprazamentos así como as dietas realizaranse acordo co disposto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, regulador das indemnizacións por razóns de servizo e as Bases de Execución do Orzamento municipal que se atopen vixentes no seu momento.
Meira, 3 de xullo do 2019.- O Alcalde, Antonio de Dios Álvarez.
R. 2038

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN PREZOS PUBLICOS ESCOLAS MUSICA E DANZA XUÑO DE 2019
Por Xunta de Goberno Local do día 1.07.2019 aprobouse o padrón dos Prezos Públicos Escolas Música e Danza do mes de xuño de 2019.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícase colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei das facendas locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario dende o 12.07.2019 ata o 12.09.2019.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2019 12/07/2019 10:15:56
13/07/2019 08:00:00

1.- Tendo en conta que o Alcalde desempeñará o cargo en réxime de adicación exclusiva, propoño ao Pleno da Corporación unha retribución anual bruta de 42.452,24 €, distribuídas 14 pagas 12 ordinarias e 2
extraordinarias.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2019

Page count82

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions