Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

41

Núm. 159 venres, 12 de xullo de 2019

BOP de Lugo
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Nomear membros da Xunta de Goberno Local aos seguintes concelleiros: -D. Óscar Fontevedra Chao, D. Luís Fernández Fernández, - D. Jesús Rodríguez Ingerto.
SEGUNDO.- Corresponde á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións, as seguintes competencias que expresamente se delegan:
1.-Autorizar, dispoñer gastos e aprobar facturas por contía superior a 6.000 euros, salvo que se refiran a gastos de carácter periódico subministro de enerxía eléctrica, seguros, gastos telefónicos, pagos de nóminas do persoal, seguridade social, IVE, IRPF e demais de tracto sucesivo 2.- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, e aprobar as bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
3.- As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanístico e dos proxectos de urbanización.
4.- As contratacións e concesións de toda clase, superiores a 6000 euros.
5.- Aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento 6.-. Adquisición de bens e dereitos e alleamento do patrimonio municipal, cando a competencia recaia no Sr.
Alcalde.
7.- Outorgamento de licenzas urbanísticas cando sexan obras maiores, licenzas de actividade así como a toma de coñecemento da declaración responsable da apertura de establecementos públicos, non suxeitas ao réxime de autorización previa.
8.- Aprobación dos padróns fiscais e recoñecemento de exencións e bonificacións dos tributos locais.

TERCEIRO.- Deixar sen efecto tódalas delegacións que se tivesen realizado a prol da Xunta de Goberno Local por parte do Alcalde con anterioridade ao presente acordo.
CUARTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión constitutiva o vindeiro xoves día 4 de xullo de 2019, ás 17:00 horas consonte ao disposto no artigo 112.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986.
QUINTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria os xoves, cada 15 días, ás 17:30 horas, durante todo o ano. Se os días sinalados fosen festivos, a sesión celebrarase o día seguinte hábil a aqueles, á mesma hora.
SEXTO.- A presente resolución darase conta ao Pleno na primeira sesión que este celebre, notificarase persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da data en que se dita a mesma.
En Pedrafita do Cebreiro, 3 de xullo de 2019.- O alcalde, José Luis Raposo Magdalena.
R. 2026

Anuncio RÉXIME DE ASISTENCIA E INDEMNIZACIÓN DOS CARGOS PÚBLICOS
O Concello de Pedrafita do Cebreiro, no pleno celebrado en sesión extraordinaria organizativa o día 27 de xuño de 2019, adoptou os seguintes acordos:
PRIMEIRO.- Fixar as seguintes contías en concepto de asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación de que formen parte, dos membros das Corporación que non teñan dedicación:
CONCEPTO

CONTÍA

Asistencia Plenos
80,00 €/Sesión
Asistencias Xunta de Goberno local e calquera outro órgano colexiado
60,00 €/Sesión
SEGUNDO.- Proceder á publicación do presente acordo no BOP de Lugo aos efectos do disposto no artigo 75.5
da Lei 5/85, de 2 de abril, reguladoras de Bases de Réxime Local.

Anuncio publicado en: Num BOP 159 año 2019 11/07/2019 13:41:06
12/07/2019 08:00:00

9.- Concesión de subvencións de emerxencia social.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/07/2019

Page count43

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions