Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 157 mércores, 10 de xullo de 2019

BOP Lugo
Os Tenentes de Alcalde substitúen, pola orde do seu nomeamento ao Alcalde, sendo libremente designados e revocados por este de entre os membros da Xunta de Goberno Local e, donde ésta non exista, de entre os concelleiros ".
Vista a norma citada e os artigos 21 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril e 46 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Pola presente, esta Alcaldía RESOLVE:
PRIMEIRO.- Nomear como Tenentes de Alcalde aos seguintes concelleiros 1º Tenente de Alcalde: D.

Luis Luaña Castelo.

2º Tenente de Alcalde: D.

José Antonio Vázquez García.

3º Tenente de Alcalde: D.

José Manuel Rábade Cacharrón.

SEGUNDO.- Establecer, aos efectos da suplencia orgánica do cargo de Alcalde-Presidente da Corporación, nos supostos previstos pola lexislación local vixente, así como o desempeño das funcións de AlcaldePresidente nos supostos de vacante, a propia orde do seu nomeamento.
Para tal suplencia, teranse en conta as salvedades previstas no artigo 47, parágrafo 2º do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como o límite que establece o artigo 48 do dito Regulamento.
TERCEIRO.- Publíquese a parte dispositiva desta Resolución no Boletín oficial da Provincia. Notifíquese persoalmente aos interesados e déaselle conta ao Pleno do Concello.
Este acordo deberá ser obxecto de publicación no seu momento na sede electrónica ou páxina web da Entidade Local, co fin de dar cumprimento ás obrigas de publicidade previstas no artigo 6 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

R. 1970

Anuncio Dando cumprimento ao disposto no art. 52 do Real Decreto 2.568/1.986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, faise público que polo sr. Alcalde - mediante a Resolución nº 287, de 24 de Xuño de 2019 - acordouse o seguinte:
Visto o disposto nos artigos 23 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e 52 e 53 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro , Pola presente, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Nomear como membros da Xunta de Goberno Local, para o suposto da súa creación polo Pleno, aos seguintes concelleiros :
-

D. Luis Luaña Castelo.

-

D. José Antonio Vázquez García.

-

D. José Manuel Rábade Cacharrón.

SEGUNDO.- Delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das seguintes atribucións :
- Desenvolvemento da xestión económica de acordo co orzamento aprobado autorizacións , disposicións de gastos e recoñecemento de obrigas ..etc. a partir de 50.000 €.
- Aprobar a oferta de emprego público - de acordo co orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno - aprobar as bases das probas para a selección do persoal funcionario e laboral - agás o persoal laboral temporal - e para os concursos de provisión de postos de traballo e a distribución das retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.
- Outorgar licenzas , agás que as Ordenanzas e as Leis sectoriais as atribúan ao Concello Pleno e, concretamente: Outorgamento de licenzas urbanísticas, Licenzas de apertura de establecementos públicos non calificados ou inocuos, Licenzas de apertura de Actividades calificadas ou suxeitas á avaliación ou incidencia ambiental, outorgamiento de licenzas sometidas ao Regulamento de Espectáculos e Establecementos Públicosetc, e todo elo agás aquelas comunicación previas, licenzas de menor complexidade , a autorización de bailes e verbenas populares, as autorizacións de lumeetc.

Anuncio publicado en: Num BOP 157 año 2019 09/07/2019 13:51:05
10/07/2019 08:00:00

Begonte, a 1 de Xullo de 2019.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2019

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions