Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 151 mércores, 3 de xullo de 2019

BOP de Lugo
MEDIO RURAL E O CONCELLO DE FRIOL, PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA
INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2019, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO
AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL FEADER NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA:
Constitúe o obxecto da convocatoria a provisión de catro 4 traballadores 1 peón condutor e 3 peóns de brigada do Concello de Friol por un período de tres meses do exercicio de 2019. A convocatoria faise con carácter temporal para a provisión por persoal laboral temporal conforme á tramitación esixida pola vixente lexislación.
Nº Postos
Servizo
Duración da Contratación
1

Peón Condutor
3 Meses
3

Peóns de Brigada
3 Meses
Formalizarase co persoal seleccionado un contrato, conforme o previsto no Estatuto dos Traballadores, cunha duración de tres meses, a xornada completa.

Peón Condutor Brigada.

Xornada e
Peón de
Retribucións
Completa. 100 %

984,85 € Brutos/Mes. Incluída a prorrata da paga extra.

A contratación farase para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Medio Rural. O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de conformidade á normativa aplicable ao persoal das brigadas municipais, participará nas operacións de extinción e remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal, cando así o decida o mando único, conforme ao establecido na lexislación vixente.
Realizarán labores consistentes en:
- Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo da participación nas operacións de extinción e remate de incendios forestais baixo o mando único operativo dependente da consellería competente, cando así o decida o mando único e conforme o disposto na normativa vixente.
-

Os traballos de extinción de incendios, serán prioritarios con respecto aos de prevención.

- Realizarán labores de prevención, consistentes en roza, rareo e eliminación de restos nos meses de operatividade da brigada, que se desenvolverán en vías e camiños forestais, áreas corta lumes ou faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou superficies que o concello teña cesión de aproveitamento, uso e desfrute realizadas por persoas responsables de acordo co art. 21 ter da lei 3/2007 de 9 de abril, ou de propietario descoñecido. Todo elo cando non sexa posible ou aconsellable a mecanización dos traballos.
- Durante a operatividade da brigada, incluirá traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
Todo elo sen prexuízo das labores que lle poidan encomendar pola Alcaldía ou polos concelleiros delegados que garden relación co posto a desempeñar, segundo as necesidades dos servizos e na procura dunha boa marcha dos mesmos.
As bases íntegras, así como as sucesivas publicacións, terán lugar unicamente no taboleiro de anuncios do Concello e no portal de transparencia da súa páxina web www.concellodefriol.es.
2.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES.Para ser admitidos/as nos procesos selectivos, tódolos/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a Ser Español ou nacional dun estado membro dun Estado da Comunidade Europea. Os cónxuxes dos españois ou dos nacionais dos Estados membros da U.E. sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e o seu cónxuxe, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes. Tamén os estranxeiros/as dun estado non integrado na U.E. que teña residencia legal en España e poida acceder sen limitacións ao mercado laboral.
b Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.
c Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas a que se aspira, non padecendo enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias. Con carácter previo á contratación realizarase un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as condicións de
Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2019 02/07/2019 13:41:19
03/07/2019 08:00:00

Servizo

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/07/2019

Page count53

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions