Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

27

Núm. 158 martes, 13 de xullo de 2021

BOP Lugo

Aprobar a Oferta de Emprego Público do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra incendios e salvamento para o ano 2021 co contido das prazas anteriormente enumeradas.
O que se fai público en cumprimento do determinado no art. 70.2 do RDL 5/2010, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, con indicación de que a presente Resolución é definitiva, polo que contra esta os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Comisión Executiva, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, ou recurso Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses dende a citada publicación, na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que se poda interpoñer calquera outro que se estime procedente.
Lugo, 7 de xullo de 2021.- O Secretario-Interventor, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 2078

MINISTERIO DE FACENDA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS LUGO
Anuncio EXTRACTO DAS BASES XERAIS REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS E
ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA NO EXERCICIO 2021 NO EIDO DA
ÁREA DE COHESIÓN E DINAMIZACIÓN SOCIAL.
CÓDIGO BDNS.- 573953

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cohesión e Dinamización Social, ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades desenvolvidas durante o exercicio económico 2021, consideradas de interese para a promoción económica do municipio ou de utilidade pública para o Concello de Lugo no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo.
Preténdese dar soporte ás entidades que leven a cabo proxectos de fomento, sensibilización, formación, información e asesoramento sobre a cultura emprendedora, a dinamización económica, o aproveitamento de recursos, a posta en valor do territorio, o fomento do emprendemento e a creación de emprego no municipio de Lugo.
2.-ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituidas e así mesmo inscritas nos rexistros correspondentes, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento, promoción económica, comercio, formación empresarial e para o emprego, comercial, empresarial, hostalería e/ou creación de emprego a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo e a creación de emprego, autoemprego e creación de empresas do municipio de Lugo, e que cumpran os requisitos da Base núm.2.
3.-CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
No orzamento municipal para o exercicio de 2021 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo: Desenvolvemento LocalÁrea de Cohesión e Dinamización Social Aplicación orzamentaria: 24100.48900
Importe: 57.500€
Subvencionarase ata un máximo do 90% do custo total da acción para a que se solicita a subvención, segundo o orzamento presentado. O importe máximo de subvención por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 2.500 euros.
4.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Vista a natureza das entidades beneficiarias, e no referente á forma de presentación das solicitudes e demáis documentación, faise constar a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos, e a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica do Concello de Lugo, conforme ao establecido nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2021 13/07/2021
12/07/2021 08:00:00
11:52:25

1.-OBXECTO E FINALIDADE

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2021

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions