Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 19 DE XULLO DE 2021

N.º 163

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. DELEGACIÓN
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio Colectivo da empresa CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A., para o centro de traballo de Robra-Outeiro de Rei Lugo-anos 2020 a 2023, Código 27000622011992, asinado o día 1 de xullo de 2021, pola representación da empresa e polos representantes dos traballadores, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 12 de xullo de 2021.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
Convenio colectivo da empresa CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, S.A.
para o centro de traballo de Robra-Outeiro de Rei Lugo. Anos 2020 a 2023
CAPÍTULO I.- IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES. DEREITOS LINGÍSTICOS
I.- .- Todo o persoal de CAPSA Robra asume coma propios os principios de non discriminación e igualdade de trato por razóns de sexo, estado civil, idade, orixe racial ou étnico, condición social, relixión ou conviccións, ideas políticas, orientación ou identidade sexual, diversidade funcional, enfermidade, así como por razón de lingua; en aplicación ao disposto no plan de igualdade elaborado pola empresa.
Todo o persoal de CAPSA Robra está en contra de toda conduta que atente ao respecto e á dignidade persoal mediante a ofensa, verbal ou física, por motivos de sexo, idade, orixe racial ou étnico, condición social, relixión ou convicións, ideas políticas, orientación ou identidade sexual, diversidade funcional, enfermidade, así como por razón de lingua.
II.- O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis prezados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é a nosa obriga coidar e potenciar.
Todo o persoal de CAPSA Robra ten dereito a desempeñar a súa actividade laboral e profesional en lingua galega.
CAPÍTULO II.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º: Ámbito de aplicación.
Este convenio afecta a todas as persoas que presten os seus servizos no centro de traballo que Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. ten en Robra, Outeiro de Rei, Lugo.
Artigo 2º: Ámbito persoal.
Comprende todas as persoas do centro de traballo nas súas distintas funcións profesionais, excepto os cargos directivos de Director/a Xeral, Directores/as de Departamento e Directores/as de Planta e aquelas persoas pola súa responsabilidade e traballo, a Empresa considere, sempre con responsabilidades de xestión ou dirección xefes/as de área, xefes/as de sección.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2021 19/07/2021
16/07/2021 08:00:00
11:00:58

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/07/2021

Page count57

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions