Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 29 DE XULLO DE 2021

N.º 172

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE PATRIMONIO
Anuncio A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en data de 23 de xullo de 2021, aprobou o a proposta relativa á tramitación do procedemento para o alleamento de parcelas de solo industrial, propiedade da Deputación Provincial, mediante poxa, e o PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES RECTOR DO
ALLEAMENTO DE PARCELAS DE SOLO EMPRESARIAL, PROPIEDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, MEDIANTE
POXA, co seguinte teor literal:
1. OBXECTO

O contrato ten a calificación de contrato privado, de acordo co disposto no artigo 9.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
A través da información contida neste prego así como das posibles comprobacións efectuadas polos licitadores, estes coñecen a súa completa situación física e xurídica, así como a súa clasificación e calificación urbanística.
A venta realizarase en concepto de corpo certo, coa superficie que comprenda dentro dos seus lindeiros e na situación física na que se encontra, ditas circunstancias de feito considéranse coñecidas polos licitadores, polo que non caberá reclamación algunha por posibles variacións, tanto na superficie como no volume edificable, que puideran xurdir pola aplicación das Ordenanzas Urbanísticas vixentes, nin como consecuencia das condicións xeolóxicas, topográficas ou análogas que puideran encarecer a construción, nin por calquera outro motivo, que no constituirán causa de impugnación ou resolución do contrato, nin posible reclamación económica.
Código CPV: 70123000-9 venta de bens raíces.
2. DESCRICIÓN DOS INMOBLES:
Os bens inmobles obxecto do presente prego de cláusulas administrativas particulares son propiedade da Deputación Provincial de Lugo. Están inscritos no Libro de Inventario de Bens, así como no Rexistro da Propiedade do modo que figura no ANEXO I deste prego.
3. XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE.
a No ano 2013 constitúese a Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A, sendo o seu socio único a Deputación Provincial de Lugo, e co seguinte obxecto social:
A Sociedade terá como obxecto social a realización de actividades ligadas á ordenación do territorio, ao medio ambiente, á intervención do mercado del solo e na edificación; así como a súa xestión, investigación, desenvolvemento, promoción e a colaboración coas entidades públicas e privadas para a xestión e desenrolo urbanístico da provincia de Lugo.
b En cumprimento do mesmo, a Sociedade subscribe diversos Convenios de Colaboración para a Construción de Polígonos Industrias, coa Deputación de Lugo e diversos concellos da Provincia de Lugo.
Os convenios establecían que as ventas serían realizadas pola Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A.
c O Pleno da Excma. Deputación Provincial de Lugo , en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de novembro de dous mil vinte adoptou, entre outros, os seguintes acordos:
a extinción da Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A SUPLUSA con efectos desde o día 30 de novembro de 2020.
a aceptación da cesión do activo e pasivo consonte o artigo 83 da Lei 3/2009, do 3 de abril, de modificacións estruturais das sociedades mercantís nas condicións establecidas no informe de intervención provincial de data de 20 de novembro de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2021 29/07/2021
28/07/2021 08:00:00
13:10:42

O obxecto do presente prego é definir as condicións que van a rexer a alleamento, mediante a orma de poxa, dos bens inmobles, de titularidade da Deputación Provincial que figuran no ANEXO I.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2021

Page count39

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions