Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2021

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 22 DE XULLO DE 2021

N.º 166

CONCELLOS
FRIOL
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

-

Padrón da taxa polo abastecemento de auga e I.V.E sobre o seu consumo incluído o canon da auga.

-

Padrón da taxa pola recollida do lixo.

-

Padrón da taxa polo tratamento e eliminación de residuos.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente, ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas e canon, indicados previamente, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no vixente Regulamento Xeral de Recadación e, no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, o comprendido entre o quince de agosto e o quince de outubro de dous mil vinte e un, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, o día un de setembro do actual, data na que deberán ter saldo suficiente.
O resto dos contribuíntes deberán acudir ás Oficinas Municipais, donde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar dito pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No caso do canon da auga, según dispón o artigo 49.7 do Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento de dito canon, cando polos contribuíntes afectados non se fixera efectivo o canon da auga no período voluntario sinalado, esixirase directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, faise saber que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económicoadministrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.

Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2021 22/07/2021
21/07/2021 08:00:00
13:44:08

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día catorce de xullo do corrente, prestouse aprobación inicial ao seguinte padróns correspondentes ao segundo trimestre do ano 2021:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/07/2021

Page count5

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones