Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 6 DE XULLO DE 2021

N.º 152

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE ECONÓMIA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E
INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio EDICTO
NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIODICO.
De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos ingresos públicos e concellos que se citan:
PERIODO
1º-trimestre-2021

O SAVIÑAO
SAMOS

1º-semestre-2021
1º-semestre-2021

TAXAS
Taxa auga, lixo, sumidoiros, canon da auga Xunta de Galicia Taxa pola recollida de lixo Taxa pola recollida de lixo
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
ANUNCIO DE COBRANZA
Recadación en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario de Taxas e Prezos Públicos, relacionados abaixo, empezará a contar o día 6/07/2021 e finalizará o día 6/09/2021, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
CONCELLO
A PONTENOVA

PERIODO
1º-trimestre-2021

O SAVIÑAO
SAMOS

1º-semestre-2021
1º-semestre-2021

TAXAS
Taxa auga, lixo, sumidoiros, canon da auga Xunta de Galicia Taxa pola recollida de lixo Taxa pola recollida de lixo
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00
h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
Tamén se pode realizar o pago na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte, por delegación do seu Concello, que é o que envía o Padrón para o cobro. Ou mediante xiro postal dende calquera oficina de Correos Sociedad Estatal Correos y Telégrafos.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera das entidades citadas, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nas entidades.

Anuncio publicado en: Num BOP 152 año 2021 06/07/2021
05/07/2021 08:00:00
10:57:22

CONCELLO
A PONTENOVA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/07/2021

Page count17

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions