Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 1 DE XULLO DE 2021

N.º 148

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA SERVIZO DE DEPORTES
Anuncio EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN
CELEBRADA O 25 DE XUÑO DE 2021 POLO QUE SE APROBAN AS BASES DA CONVOCATORIA, O GASTO, E OS
ANEXOS DOS PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA O ANO 2021
PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA O ANO 2021
BDNS Identif:
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/index Primeiro.- Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias dos premios da presente convocatoria as persoas físicas que sexan deportistas federados/as, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais excluíndose, por tanto os/as practicantes de disciplinas e modalidades de deportes de equipo, dobres, parellas ou grupo, coordinadas ou sincronizadas, e nas que actúen simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran cos requisitos establecidos.
Segundo. Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2021, de modalidades deportivas de carácter individual, excluíndose, por tanto, os/as practicantes de disciplinas e modalidades de deportes de equipo, dobres, parellas ou grupo; coordinadas ou sincronizadas, e nas que actúen simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.
Quedan así mesmo expresamente excluídos desta convocatoria os/as deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally en calquera das súas categoría e modalidades.
Terceiro. Bases reguladoras A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección, http:
http www.deputacionlugo.gal/gl/a-deputacion/normativas-e-ordenanzas PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO PARA O ANO 2021
http www.deputacionlugo.gal/temas/deportes/home Cuarto. Contía e importe mínimo e máximo A dotación orzamentaria total da presente convocatoria é de 85.500,00 €.
Os premios terán un importe máximo de 1.500,00 € e un importe mínimo de 300,00 € cada un deles.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria.
Lugo, 30 de xuño de 2021.- "O PRESIDENTE, P. D. Decreto de data 26-07-2019.- O DEPUTADO DELEGADO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL, Pablo Rivera Capón".- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 1973

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/07/2021

Page count45

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions