Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 14 DE XULLO DE 2021

N.º 159

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Por Resolución da Alcaldía 442/2021, de data 07 de xullo de 2021 prestouse aprobación as bases e á convocatoria para a selección, por concurso -oposición, para nomeamento de funcionario interino, arquitecto/a técnico/a do Concello de Alfoz, e posterior formación de bolsa de traballo, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días naturais a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Contra as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste Concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vde. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.
BASES REGULADORAS DO PROCESO, POLO SISTEMA DE CONCURSOOPOSICION, PARA NOMEAMENTO DE
PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO: UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DO CONCELLO DE ALFOZ.
E POSTERIOR FORMACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO.
1. OBXECTO E FASES DO PROCESO SELECTIVO.
Obxecto.- O obxecto das presentes bases é regular o proceso selectivo polo procedemento de concursooposición, para a cobertura en réxime de interinidade dunha praza de arquitecto técnico A2, persoal funcionario desta Corporación.
Igualmente, serán de aplicación as bases xerais polas que se establecen as normas para selección de persoal, con carácter provisional ou temporal, para prestar servizos ao Concello de Alfoz BOP de Lugo n.º 269, de 23 de novembro de 2017, priorizando no caso de contradicción as especificacións das presentes bases por exemplo, non necesidade de presentación xunto coa solicitude da documentación compulsada, incremento do prazo de presentación de alegacións, criterios de desempate
Xustificación do réxime de interinidade.- Se convoca a praza en réxime de interinidade porque concorren as seguintes razóns:
1º. O Concello de Alfoz carece de taxa de reposición de efectivos ordinaria que permitira a inclusión da mesma na Oferta de Emprego Público e a cobertura da praza como funcionario de carreira.
2º. O nomeamento do funcionario interino por execución de programas que actualmente presta servizos remata en setembro de 2021.
3º. Porque na Relación de Postos de Traballo do Concello de Alfoz,aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión de data 26 de marzo de 2021 e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo n.º 082, correspondente ao martes 13 de abril de 2021, contemplouse, entre outros, a creación do posto de arquitecto técnico, adscrito á área funcional de urbanismo,obras e servizos, desenvolvemento local, medio ambiente e medio rural.
Para o desempeño do posto, do grupo A2, Administración Especial, Subescala Técnica, Clase Técnicos Medios, se require titulación de Graduado praza AA2 .

Anuncio publicado en: Num BOP 159 año 2021 14/07/2021
13/07/2021 08:00:00
12:23:51

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do este Concello concellodealfoz.sedelectronica.es e no Taboeiro de Anuncios da Corporación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/07/2021

Page count22

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions