Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

26

Núm. 158 martes, 13 de xullo de 2021

BOP Lugo
3.- CONSIDERACIÓNS DENDE O PUNTO DE VISTA DA FISCALIZACIÓN
As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da Oferta de Emprego Público, ou a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que comportará a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un 10 % adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos. En todo caso, a execución da oferta de emprego público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.
A Oferta de Emprego Público ou instrumento similar, que se aprobará anualmente polos órganos de Goberno das Administracións Públicas, deberá ser publicada no diario oficial correspondente.
A Oferta de Emprego Público ou instrumento similar poderá conter medidas derivadas da planificación de recursos humanos.
Examinada o Cadro de Persoal e a correspondente Relación de Postos de Traballo do Consorcio, comprobase que as prazas vacantes que se pretende incluír na Oferta de Emprego Público 2021 están incluídas e son correctas.
En todo caso, a Oferta de Emprego Público deberá respectar as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I do orzamento de gastos, quedando a súa execución, ao largo dos tres anos da súa vixencia, supeditada á existenc ia de créditos. A data actual existen dispoñibilidades orzamentarias para a execución da oferta de emprego público, non obstante, será no momento da súa execución cando deba certificarse a existencia de crédito.
4.- CONSIDERACIÓNS FINAIS

Consecuencia do anterior, procedeuse a someter á mesa Xeral de Negociación do Consorcio, celebrada en data 01 de xuño de 2021 a aprobación dos criterios xerais da Oferta de Emprego Público, sendo, logo das oportunas deliberacións, votado a favor por UGT, CSIF, SIBGAL e CIG e contando co voto desfavorable de CCOO.
Á vista de todo o sinalado, os criterios e o contido da Oferta de Emprego Público do Consorcio, correspondentes ao ano 2021, formúlase nos seguintes términos:
1º.- Criterios que rexerán na OEP:
A OEP do Consorcio conterá as prazas de persoal de novo ingreso quenda libre.
Consecuencia do sinalado anteriormente, os procesos selectivos realizaranse nunha soa quenda: Quenda libre na que poderán participar todos os que reúnan os requisitos xerais para o acceso ao emprego público.
Os postos correspondentes a esta praza están vinculados ós sectores ou ámbitos de actuación seguintes: Persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios.
Solicitase acordo unánime da Mesa Xeral de Negociación, no sentido de que con carácter xeral o sistema selectivo que rexerá nos procesos selectivos derivados da Oferta de Emprego será o de oposición libre. Para dar cumprimento a este acordo, adoptaranse as medidas necesarias para que as bases das correspondentes convocatorias se adecúen ás peculiaridades deste sistema selectivo, con respecto ao determinado nos principios contidos na norma antes citada, no Estatuto Básico do Empregado Público e na normativa que regula o acceso á función pública que resulte de aplicación.
No non expresado nos puntos anteriores, a Administración rexerase polas normas en vigor e polos criterios que considere máis axeitados dentro das súas potestades de planificación, programación e auto-organización.
2º. Contido da OEP do CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA
INCENDIOS E SALVAMENTO:
Aos efectos informativos á Mesa Xeral de Negociación sobre as materias non susceptibles de negociación, establécese que o contido é o seguinte:
Réxime Xurídico Administrativo:
I. PRAZAS DE FUNCIONARIO. ACCESO LIBRE. Taxa xeral ou ordinaria. Art. 19. Un. 3. LOXE -2018
PRAZA
Técnico Administración Xeral
Nº VACANTES

GRUPO

POSTO

ESCALA
SUBESCALA

1

A1

Técnico de Administración Xeral
ADMON. XERAL/ADMINISTRATIVA

de
Con base no anterior informe transcrito e demais consideracións exposto, propoño á Comisión Executiva do Consorcio, en atribución das competencias que lle confire o art. 13 dos Estatutos do Consorcio acorde :

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2021 13/07/2021
12/07/2021 08:00:00
11:52:25

Á vista da documentación que obra no expediente, esta Secretaría Intervención comproba que a tramitación do mesmo reúne todas as previsións que a normativa establece e que se axusta de forma estrita ao cumprimento das esixencias dos principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, sendo a opinión do que subscribe favorable á tramitación do expediente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2021

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions