Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

28

Núm. 158 martes, 13 de xullo de 2021

BOP Lugo
A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no B.O.P. de Lugo, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións artigo 17.3.b, 18 e 20.8. Asimesmo publicaranse as Bases na páxina web e no Taboleiro de Anuncios www.lugo.gal do Concello de Lugo, debendo inserirse no Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Lugo.
5.- DOCUMENTACIÓN PARA ACHEGAR COAS SOLICITUDES DE SUBVENCIÓN
As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación recollida na Base nº 5.
6.-CRITERIOS DE VALORACIÓN
A concesión ou denegación das subvencións, así como a súa cuantificación económica, efectuarase tendo en conta os criterios relacionados na Base nº 8, sendo a puntuación máxima a obter de 14 puntos.
7.-GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade, tales como:
alugamentos, gastos de transporte, gastos de pequena reparación, mantemento e conservación de bens propios ou alugados, adquisición de material non inventariable, subministracións gas, electricidade, teléfono, combustible vestiario, prestación de servizos culturais e outros gastos diversos como publicidade, imprenta, etc. no caso de que se aporten facturas relativas a combustible ou teléfono deberán estar identificadas a nome da entidade beneficiaria da subvención, ademáis no caso de combustible deberá presentarse documentación adicional que permita a identificación do vehículo así como a súa titularidade pola Asociación ou entidade beneficiaria e a aplicación íntegra ou parcial do gasto á actividade ou programa concreto subvencionado, entendendo como tal aquel que en ningún caso supere o importe de 300,00 €.
Tamén serán subvencionables os gastos de persoal necesario para o desenvolvemento dos programas e actividades subvencionadas, ata un máximo do 40% do importe da subvención concedida.
Non serán subvencionables:
Os gastos de bebidas alcohólicas ou calquera outro produto que sexa prexudicial para a saúde.
Os gastos de investimento, tales como adquisición, construción e reforma de bens inventariables.
Os xuros debedores de contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais.
Os gastos de degustación gastronómica de calquera tipo. En todo caso terá esta consideración a organización de comidas, catering ou ceas.
As facturas e demáis documentos de valor probatorio emitidos por membros da asociación que se subvenciona.
8.- XUSTIFICACIÓN DO GASTO E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN
Concedida a subvención, e para proceder ao seu cobro, as entidades beneficiarias deberán presentar en REXISTRO a documentación acreditativa da realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento, segundo a Base nº 10.
9.- DATA LÍMITE PARA A XUSTIFICACIÓN
A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de novembro de 2021.
Transcorrido este prazo, pódense dar dous supostos:
a Que a entidade beneficiaria presente a xustificación; pero que ésta, a xuízo da oficina xestora, non reúna os requisitos necesarios. Este aspecto comunicaráselle e concederáselle un prazo de dez días para cumprilo, advertíndolle de que de non proceder á subsanación teráselle por desistido da súa solicitude, e entenderase que perde o dereito ao cobro da subvención.
b Que a entidade beneficiaria non presente a xustificación. Neste suposto requiriráselle para que, no prazo improrrogable de 15 días, presente a dita xustificación conforme o establecido no artigo 70. 3 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional non eximirá á entidade beneficiaria da imposición das sancións que correspondan.
Non se realizarán pagos a conta nin anticipados.
O pagamento da subvencións realizarase mediante transferencia bancaria á conta facilitada polo perceptor da subvención.

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2021 13/07/2021
12/07/2021 08:00:00
11:52:25

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen con anterioridade á finalización do período de xustificación, e en todo caso dentro do ano 2021.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2021

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions