Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 10 DE XULLO DE 2021

N.º 156

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 23 de xuño de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos.
Expediente IN407A 2021-41AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: Unión Fenosa Distribución S.A.

- Denominación: AMPLIACIÓN DE POTENCIA DEL CT OS CHAOS-27CQ56 Y ELIMINACIÓN DEL CT PLAZA-PIÑEIRO27S329
- Situación: concello de Monforte de Lemos - Características técnicas principais:

Ampliación de potencia do CT Os Chaos 27CQ56, consistente na sustitución do transformador existente 250kVA por un novo de 400kVA.

Desmontaxe do CTS Plaza Piñeiro 27S329. Realización dun empalme na liña de media tensión que alimanta a dito CT así como das RBTs que saen do mesmo.
- Finalidade da instalación : Mellora de instalacións - Orzamento: 28.660,62 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Monforte de Lemos Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2021 10/07/2021
09/07/2021 08:00:00
12:35:58

- Domicilio Social: A Batundeira, 2. Velle. Ourense

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2021

Page count20

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions