Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 2 DE XULLO DE 2021

N.º 149

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE MEDIO AMBIENTE
Anuncio A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 25 de xuño de 2021, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2021.
CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E
OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO
NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2021

https www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatorias Así mesmo, as bases da devandita convocatoria e os modelos de solicitude e de xustificación tamén estarán a disposición dos interesados/as na web da Deputación de Lugo no seguinte enlace:
http deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subvencionsRRBB
Para os efectos oportunos, a correspondente publicación do extracto da convocatoria realizarase no BOP de Lugo.
Primeiro.- Beneficiarios En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá en adiante, Os Ancares Lucenses, e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.
Segundo.- Obxecto Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas legalmente constituídas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá en adiante, Os Ancares Lucenses, e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos plans das ditas Reservas.
Estas subvencións están destinadas ao desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2021, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas de Acción dos Plans de Acción das referidas Reservas da Biosfera.
A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:

A LIÑA 10.2 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño por parte de entidades asociativas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído neste territorio, do que forman parte os seguintes 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O
Valadouro, Vilalba e Xermade.

A LIÑA 10.3 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses por parte de entidades asociativas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial
Anuncio publicado en: Num BOP 149 año 2021 02/07/2021
01/07/2021 08:00:00
14:12:03

O texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/07/2021

Page count10

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions