Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 5 DE XULLO DE 2021

N.º 151

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA.
Formulada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a Conta Xeral, correspondente ó exercicio 2020, expónse ó público polo prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante os mesmos os interesados lexitimados, poderán examinala e formula-las reclamacións, reparos e alegacións que estimen pertinentes, no prazo de exposición, de conformidade co disposto nos artigos 116, da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 212 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Becerreá, 30 de xuño de 2021.- O Alcalde-Presidente, Manuel Martínez Núñez.

Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión plenaria de data 10 de xuño de 2021 a modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Becerreá para o exercicio 2021, expediente núm.:
1140/2020, en cumprimento do disposto no artigo 202.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, exponse ao público na Secretaría deste Concello, por plazo de 20 días hábiles que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse reclamacións que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente.
En Becerreá, 1de xullo de 2021.- O Alcalde-Presidente, Manuel Martínez Núñez.
R. 1997

Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía, de data 23/06/2021, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio do 2021 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2021 05/07/2021
02/07/2021 08:00:00
13:30:41

R. 1996

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/07/2021

Page count12

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions