Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 27 DE XULLO DE 2021

N.º 170

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
Anuncio CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA
COMPETITIVA, DENTRO DO PROGRAMA PARA A DOTACIÓN E MELLORA DE SERVIZOS COMUNITARIOS PARA
O ANO 2021
A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 23 de xullo de 2021, prestou aprobación as bases e convocatoria das mesmas, que rexen a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de actuación Programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2021
Prazo de solicitude: os interesados poderán formular as correspondentes solicitudes a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP e será de 1 mes.

http www.deputacionlugo.org/ > Ligazóns de Interese > Subvencións > Axudas Plans Especiais En cumprimento do disposto no artigo 9 de Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procédese á publicación do texto íntegro das referidas bases reguladoras e á publicación da convocatoria das mesmas.
BASES PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA PARA A DOTACIÓN E MELLORA DE SERVIZOS
COMUNITARIOS PARA O ANO 2021
Base 1. Definición do obxecto da subvención.
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable á concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios ano 2021 para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos inversións coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.
Base 2. Réxime Xurídico.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible, de tal xeito que a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes achegadas polos interesados, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración fixados na base 10 e adxudicar subvencións, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aos solicitantes que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios, segundo o disposto no artigo 17.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións.
As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para entidades asociativas asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, comunidades de montes, asociacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais, e agrupacións de veciños da provincia de Lugo para a realización de investimentos en inmobles ou para equipamentos que melloren a calidade de vida local e fomenten e dinamicen o asociacionismo veciñal na provincia de Lugo anualidade 2021 teñen por obxecto a realización de investimentos código obxecto 1, articularase na modalidade subvención código instrumento axuda SUBV sen contraprestación en réxime de concorrencia competitiva, sendo esta un tipo de subvención non cualificable como axuda de Estado a empresa código axuda de Estado 1, encadrada dentro do sector económico das actividades asociativas código sector económico 94.9. Esta axuda ten unha finalidade de fomento de actividades económicas e asociacionismo veciñal nos núcleos de poboación código finalidade 18, sendo o impacto de xénero nulo código do impacto de xénero 2.

ción de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección: http www.deputacionlugo.gal/gl/a-deputacion/normativas-e-ordenanzas.

Anuncio publicado en: Num BOP 170 año 2021 27/07/2021
26/07/2021 08:00:00
13:01:25

Os modelos de solicitude e de xustificación como do resto de documentación, poderán descargarse na páxina principal da Deputación Provincial en:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2021

Page count22

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions