Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 170 martes, 27 de xullo de 2021

BOP Lugo
- As entidades que non se achen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, e que non se achen ao corrente de pago de obrigacións por reintegro de subvencións.
- En ningún caso poderán acceder á condición de beneficiario cando teñan pendentes de xustificación subvenciones outorgadas pola Deputación de Lugo, sempre que o prazo establecido para a súa presentación finalizase.
Base 6. Protección de datos de carácter persoal.
Aos efectos previstos no Regulamento Xeral de Protección de Datos RXPD e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, infórmase que os datos persoais recabados como consecuencia da solicitude destas subvencións serán tratados por esta entidade, cuxos datos de contacto son os seguintes:

Responsable do tratamento: Deputación de Lugo

Teléfono: 982260000

Correo electrónico: protecciondatos@deputacionlugo.org

Fax: 982180004

Contacto DPD: dpd@deputacionlugo.org
Os datos serán tratados coa finalidade de xestionar e tramitar os expedientes para a mellora da calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo. A base de lexitimación deste tratamento é o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha misión realizada na interese pública ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento. Os datos persoais solicitados son de carácter obrigatorio, polo que a súa non cumprimentación supón a imposibilidade da súa inclusión nos ficheiros anteriormente descritos e o cumprimento das finalidades definidas no apartado anterior.

Base 7. Gastos subvencionables.
Consideraranse gastos subvencionables os que se relacionan a continuación:
1. Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados a consecuencia de inversións realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña o dereito de uso, os gastos derivados da adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento común, os gastos derivados de obras nas traídas de auga comunitarias, os gastos derivados da mellora, adecuación do firme e sinalización de vías públicas comunais e dos seus accesos e os gastos derivados de obras de acondicionamento e recuperación de espazos públicos comunais , fontes comunais e a súa contorna 2. Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen dentro da anualidade do 2021 do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021
Poderá concederse unha prórroga do prazo de execución, por razóns debidamente xustificadas, de como máximo ata o 28 de febreiro de 2022.
As actividades subvencionadas son:
a Mellora, adecuación do firme e sinalización de vías públicas comunais e dos seus accesos.
b Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais nos que a entidade desenvolve a súa actividade.
c Adquisición de equipamentos para os locais que resulten necesarios para o funcionamento común da entidade: mobiliario e equipamento.
d Obras novas, de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
e Construción de depósitos de auga comunitarios ou acondicionamento e recuperación dos existentes, así como das súas captacións, canalizacións e acometidas.
f Obras de acondicionamento e recuperación de espazos públicos comunais, fontes comunais e a súa contorna.
3. Os gastos abonados dentro do prazo de execución establecido e ata a finalización do período de xustificación previsto nestas bases.
4.En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Anuncio publicado en: Num BOP 170 año 2021 27/07/2021
26/07/2021 08:00:00
13:01:25

Non está prevista a comunicación de datos nin a transferencia internacional dos mesmos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2021

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions