Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 170 martes, 27 de xullo de 2021

BOP Lugo
Base 3. Crédito orzamentario.
O importe máximo destinado para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios ano 2021 para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos inversións ascende a trescentos mil euros 300.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 4590.789 do vixente Orzamento Xeral ano 2021, e cuxa previsión ven recollida na Liña 8.1 - Cooperación cos Concellos para o fomento de actividades económicas, mellora da produtividade e emprendemento nos núcleos de poboación e na súa contorna no Anexo I Actuacións específicas e créditos inicialmente dispoñibles para o ano 2021 do vixente Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Lugo 2020-2022.
Base 4. Carácter das subvencións.
1. As subvencións que se concedan, no marco do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios ano 2021 terán carácter voluntario e eventual e non xeran ningún dereito á obtención de subvencións en convocatorias posteriores.
2. A Xunta de Goberno, como medida de garantía a favor dos intereses públicos poderá acordar revisalas ou , de ser o caso, revogalas ou reducilas por causas debidamente xustificadas.
3. En calquera caso, a Deputación Provincial de Lugo quedará exenta de toda responsabilidade civil, mercantil, laboral ou de calquera tipo que se derive das actuacións ás que queden obrigados os beneficiarios das subvencións.
Base 5. Beneficiarios: Requisitos e Obrigas.

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas as asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, comunidades de montes e asociacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais, todos eles legalmente constituídos e debidamente inscritos no rexistro público correspondente, así como as agrupacións de veciños integradas como mínimo por 3 persoas, para a realización de inversións, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste modo a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.
Os beneficiarios deberán ter o domicilio social na Provincia de Lugo. No caso das agrupacións sen personalidade xurídica, cada un dos membros da mesma deberá ter a súa residencia na provincia de Lugo o que se acreditará co domicilio que conste no DNI ou, no seu caso, certificado de empadroamento.
2. Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios.
3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigacións que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
Nestes supostos a agrupación debe ter unha conta bancaria mancomunada na que consten como mínimo tres persoas integrantes da mesma. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da LSG.
-Requisitos:
Poderán acceder á condición de beneficiarios das subvencións, as entidades que se atopen na situación que fundamenta a súa concesión e nas que non concorra ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da LSG e nos artigos 11 e 13 da LXS. No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, cada un dos integrantes da mesma deberá cumprir con estes requisitos da LSG e LXS.
-Obrigas:
Os beneficiarios estarán sometidos en todo caso ás obrigacións previstas nos artigos 11 e 29.4 da LSG e nos artigos 14 e 31.4 da LXS, así como os que se deriven do contido das presentes bases.
Exclusións:
En calquera caso, non poderán obter a condición de beneficiario:
- As entidades en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da LSG e nos artigos 11 e 13
da LXS.

Anuncio publicado en: Num BOP 170 año 2021 27/07/2021
26/07/2021 08:00:00
13:01:25

- Beneficiarios

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2021

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions