Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 173 venres, 30 de xullo de 2021

BOP Lugo

Liña soterrada de alta tensión Espiñeirido 2 a 20kV, con orixe na LAT Espiñeirido 2 punto 1, plano nº4 do presente proxecto e final no CT G. Escolar1529, cunha lonxitude de 70 metros en condutor recuperado en obra tipo RHZ1-240.

Liña soterrada de alta tensión a 20kV, con orixe no CT G. Escolar1529 e final no CT Bidueira1482, cunha lonxitude de 450 metros en condutor RHZ1-240.

Liña soterrada de alta tensión a 20kV, con orixe no CT Bidueira1482 e final no CT Viv. Soc Cervo13614, cunha lonxitude de 440 metros en condutor RHZ1-240.

Liña soterrada de alta tensión a 20kV, con orixe no CT Viv. Soc. Cervo13614 e final nunha arqueta punto 5, plano n.º 4 do presente proxecto na que se realiza un empalme entre o condutor proxectado dende o CT
Viv. Soc. Cervo e o condutor existente con dirección OCR Espiñeirido, cunha lonxitude de 560 metros en condutor RHZ1-240.

Adecuación do CT non prefabricado Viviendas Sociales Cervo CD 13614, cunha potencia proxectada de 630kVA e unha potencia instalada de 250kVA, no cal se instalan duas celas de liña e unha de protección, realización de pontes CT-MT e CT-BT, instalación de novo cadro de BT e ampliación e desmontaxe de celas e cadros de BT existentes, relación de transformación 20.000/400-230V.

- Finalidade da instalación : mellora subministro - Orzamento: 90.805,48 €

Separata para o Concello de Cervo

Separata para a Deputación Provinical de Lugo.

Separata para Augas de Galicia.

Separata para a Consellería de Cultura
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 20 de abril de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 2256

Anuncio Resolución do 28 de maio de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo. Expediente IN407A 2021-35AT

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2021 30/07/2021
29/07/2021 08:00:00
11:20:45

- Documentación complementaria:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2021

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions