Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 172 xoves, 29 de xullo de 2021

BOP Lugo
A incorporación ao inventario provincial dos bens e dereitos nos que se subroga, de acordo con informe emitido pola Sección de Inventario, en data de 19 de novembro de 2020.
A extinción da Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A, acordada polo Pleno da Deputación Provincial, en Sesión Extraordinaria, celebrada en data de 30 de novembro de 2020, mediante a cesión de activo e pasivo, consonte o artigo 83 da Lei 3/20019, de 3 de abril, de modificacións estruturais das sociedades mercantís implica a subrogación da Deputación Provincial de Lugo na posición xurídica de SUPLUSA respecto dos dereitos e obrigas das que esta era titular.
De acordo, co exposto, a Deputación Provincial realiza este procedemento de alleamento de parcelas nos Polígonos Industriais, dando cumprimento ao acordo adoptado polo Pleno desta corporación , en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de novembro de dous mil vinte, e promovendo, así, o desenvolvemento económico da provincia a través dun concepto vertebrador de estruturas produtivas e ,deste modo, potenciando a implantación de novas actividades económicas neste termo municipal.
4.- REXIME XURÍDICO APLICABLE.
O presente contrato ten natureza xurídico-privada, rexéndose pola lexislación patrimonial.
Así mesmo as partes quedan sometidas expresamente ao establecido neste prego de cláusulas administrativas e a presentación de ofertas implica a aceptación de todos os seus extremos.

En defecto das citadas normas, pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, polo Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado mediante Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro RXLCAP, e o Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, que desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.
No que se refire á forma de alleamento, de acordo co establecido no artigo 80 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, o artigo 277 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e o artigo 112 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O
contrato adxudicarase mediante procedemento aberto por poxa pública, recaendo a adxudicación no licitador que ofreza o prezo máis alto.
5. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN.
O Procedemento para a venta das parcelas é a poxa, en cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 33/2003, do 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas que establece que:
..La gestión y administración de los bienes y derechos patrimoniales por las Administraciones públicas se ajustarán a los siguientes principios:
c Publicidad, transparencia, concurrencia y objetividad en la adquisición, explotación y enajenación de estos bienes.
E o disposto no artigo 80 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local que establece:
Las enajenaciones de bienes patrimoniales habrán de realizarse por subasta pública..
É un procedemento de alleamento de concorrencia pública, con publicidade no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante, mediante a celebración de poxa.
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase solo a un criterio de adxudicación, que deberá ser necesariamente o do mellor prezo.
No caso de empate de ofertas, prevalecerá aquela que estableza o pago ao contado, fronte a que recolla o pago a prazos.
Por último, no caso de empate de ofertas que recollan a mesma tipoloxía de pago, prevalecerá a primeira presentada no tempo.
PROCEDEMENTO:
1. Inmediatamente despois de rematar o prazo de presentación de proposicións, o Secretario Xeral, expedirá relación certificada das proposicións recibidas ou, no seu caso, da ausencia de licitadores e entregará a mesma , xuntamente con aquelas, a quen vaia actuar como Secretario da Mesa de Contratación.
2. O primeiro martes hábil, tras a finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 10:00 horas, constituirase a Mesa de Contratación e cualificará os documentos presentados en tempo e forma, a cuxo efecto
Anuncio publicado en: Num BOP 172 año 2021 29/07/2021
28/07/2021 08:00:00
13:10:42

O contrato rexerase en canto á súa preparación e adxudicación polo disposto na Lei 33/2003, do 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia en Réxime Local e o Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño polo que se aproba o regulamento de bens das administracións locais e previsións da Lei 5/2011 de 30 de setembro do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/07/2021

Page count39

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions