Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 166 xoves, 22 de xullo de 2021

BOP Lugo
A PONTENOVA
Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF E DA ESCOLA DE MÚSICA DE XUÑO 2021.
Por Resolución de alcaldía de nove de xullo de 2021 respectivamente, resólvese prestar aprobación das devanditas listaxes que estarán expostas nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes,entendéndose defintivamente aprobada se transcurrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra ésta.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso-administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe.Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
APrazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar : dende o 8 de agosto de 2021 ao 11 de outubro de 2021, ámbolos dous inclusive.
B Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo da Escola de Música: dende o 8 de agosto de 2021 ao 11 de outubro de 2021, ámbolos dous inclusive.
C Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025 que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.

A Pontenova, 13 de xullo de 2021.- O alcalde, Darío Campos Conde.
R. 2168

QUIROGA
Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 18 de xuño de 2021, adoptou o seguinte acordo:
1º Prestarlle aprobación ao Padrón de Auga, lixo e ecotaxa correspondente ao segundo trimestre do exercicio de 2.021.
2º Que se expoña ao público polo prazo de quince días a efectos de exame e reclamacións, mediante a inserción de edicto no Boletín Oficial da Provincia, e mediante anuncio no taboleiro de edictos no Concello conforme ao establecido na Lei Xeral Tributaria e na ordenanza fiscal reguladora.
3º Que se poña ao cobro nos termos do artigo 62.2 da Lei 58/2003: se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes dende a data de recepción da notificación ata o día vinte do mes posterior ou si este non fose hábil ata o inmediato hábil seguintes; si a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes dende a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou si este non fose hábil ata o inmediato hábil seguinte en período voluntario. A partir da devandita data pasará á recadación executiva co conseguinte recargo de prema e demais custos derivados da execución forzosa.
4º A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a existencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
5º A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
Quiroga, 5 de xullo 2021.- O Tenente de alcalde, Jose angel Rodríguez Raposo.
R. 2169

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2021 22/07/2021
21/07/2021 08:00:00
13:44:08

Decreta, manda e asina o señor alcalde, na Pontenova a 13 de xullo de dous mil vinte e un.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/07/2021

Page count5

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions