Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 165 mércores, 21 de xullo de 2021

BOP Lugo
BÓVEDA
Anuncio Mediante Resolución de Alcaldía do 13/07/2021, aprobáronse as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección de 7 postos da brigada de prevención e defensa contra incencios forestais durante o ano 2021, como persoal laboral temporal, a xornada completa 100%, cunha duración de 3 meses.
As persoas traballadoras a contratar son as seguintes:
- 2 condutores/as de vehículo de motobomba - 1 xefe/a de brigada - 1 peón ou peoa -condutor/a de vehículo de brigada - 3 peóns ou peoas forestais Segundo o disposto na base quinta 5, as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, -09:30 / 13:30 horas-, durante o prazo de cinco 5 días naturais, comenzando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Igualmente, as instancias poderán presentarse no Rexistro Electrónico xeral do Concello de Bóveda https concellodeboveda.sedelectronica.es ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As citadas bases publicaranse na sede electrónica deste Concello https:/concellodeboveda.sedelectronica.es taboleiro de anuncios e no taboleiro de anuncios físico do Concello, podendo consultarse tamén nas oficinas municipais en horario de atención ao público.
Bóveda, 13 de xullo de 2021.- O Alcalde-Presidente, Jose Manuel Arias López.

POL
Anuncio En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2020, por un prazo de quince días, durante os cales, e oito máis, quen se estimen interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que consideren.
En Pol, 13 de xullo de 2021.- O Alcalde, Lino Rodríguez Ónega.
R. 2154

Anuncio APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL
Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste Concello, de data 9 de xullo de 2021, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, anexo plantilla de persoal, anexo de investimentos, memoria explicativa, informes de secretaría e intervención para o exercicio económico 2021, con arranxo ao previsto no art. 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de 15 días dende a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
Durante dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
De conformidade co acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo, non se presentan reclamacións.
Pol, 13 de xullo de 2021.- O Alcalde, Lino Rodríguez Ónega.
R. 2155

Anuncio publicado en: Num BOP 165 año 2021 21/07/2021
20/07/2021 08:00:00
14:08:33

R. 2153

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/07/2021

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions