Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 164 martes, 20 de xullo de 2021

BOP Lugo
Cláusula 5. Convocatoria da poxa.
A referida poxa celebrarase nas instalacións da Granxa Provincial Gayoso Castro situada no Concello de Castro de Rei en Lugo, a cuxos efectos a coordinación e asistencia será realizada por persoal adscrito á Granxa Provincial.
A convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia e a poxa se celebrará as 10:00 horas do décimo día natural a contar dende o seguinte á dita publicación.
Cláusula 6. Tipo mínimo de adxudicación.
Cada cabeza de gando adxudicarase a favor de quen presente a oferta mais vantaxosa sobre o prezo que para cada exemplar se sinala a continuación:
LOTES

PREZOS

Vacún maior de raza frisoa
705.00 €/animal
Xatos carniceiros de raza frisoa
480.00 €/animal
Xatos de raza frisoa de mais de 50 días
95.00€/ animal
Xatos de raza frisoa de menos de 50 días
65.00€/ animal
Vacún maior de raza frisoa machos
1.350.00€/ animal
Vacas de raza cachena con cría ao pé
600.00€/ animal coa cría
Vacas de raza cachena
380.00€/ animal
Xovencas de raza cachena de ata 2 anos de idade
360.00€/animal
Animais machos de raza cachena entre 1 e 2 anos
396.00€/animal
O animal con identificación ES011112905905 é unha xovenca de raza frisoa que presenta un defecto nas patas dianteiras polo que se propón que o prezo de saída sexa de 105,00€.
Por debaixo do prezo mínimo establecido para cada exemplar non se efectuará ningunha adxudicación.
A oferta económica consistirá unicamente en diñeiro metálico e non se admitirá aprazamento no pagamento.
Cláusula 7. Gastos esixibles ao adxudicatario.
Para tomar parte na poxa non se esixirá aos licitadores a constitución de garantía.
Serán por conta do adxudicatario os impostos pertinentes e os gastos derivados de transporte ou doutra índole.
Cláusula 8. Forma de presentación das solicitudes de participación.
Os licitadores que concorran á poxa a mao alzada aportará ante a Mesa de poxa a documentación de carácter xeral esixida en sobre pechado que debe indicar na parte exterior: "PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NA POXA
DE DIVERSAS CABEZAS DE GANDO DA GRANXA PROVINCIAL GAYOSO CASTRO Anexo I.
O sobre deberá ir asinado polo licitador ou persoa que o represente; e inserirase o seguinte contido:
DOCUMENTACIÓN XERAL: Documentación referente ás condicións para ser admitido ao procedemento:

Solicitude, de acordo co Anexo I.
Os que comparezan ou asinen proposicións en nome de outro deberán acreditar a representación mediante
documento orixinal, copia auténtica, lexitimada ou fotocopia compulsada da escritura de apoderamento do representado e debidamente inscrita no rexistro mercantil, se este requisito fose esixible. Así mesmo, en calquera caso, deberá achegar copia do DNI da persoa que asine a proposición económica.

Declaración responsable de non se atopar en causa de prohibición ou incompatibilidade para contratar coa administración Anexo II.

Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias expedidas pola Axencia Estatal da
Administración Tributaria, de non ter débedas pendentes coa Comunidade Autónoma Galega e coa Deputación Provincial de Lugo e, de ser o caso, de estar ao corrente de pagamento coas obrigas da Seguridade Social. Os licitadores deberán achegar dita declaración responsable de acordo ao Anexo II.
Cláusula 9. Mesa de poxa.
O órgano de adxudicación estará asistido pola Mesa de poxa que que será o órgano competente para a cualificación e comprobación da documentación achegada polos interesados e para elevar posteriormente a correspondente proposta de adxudicación e estará composta polos seguintes membros:

Anuncio publicado en: Num BOP 164 año 2021 20/07/2021
19/07/2021 08:00:00
13:57:49

O animal con identificación ES011110473580 é unha vaca de desvelle polo que se propón que o prezo de saída sexa de 150,00€.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/07/2021

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions