Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

56

Núm. 163 luns, 19 de xullo de 2021

BOP Lugo
dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente ou absoluta ou gran invalidez legalmente recoñecidas, ou por finalización do contrato.
4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
5. Unha vez finalizado o período de cumprimento desta obrigación, corresponderá á entidade promotora do obradoiro dual de emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.
Artigo 8. Procedemento de concesión, instruclón e tramitación.
O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao amparo desta convocatoria non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e o obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento,senón que a concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregados dos requisitos establecidos, por orde de entrada no rexistro e expediente completo do Concello de Ribeira de Piquín, e ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Estes incentivos á contratación temporal por conta allea quedan sometidos ao réxime de axuda de mínimis, nos termos establecidos no Regulamento EU nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratamento de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis DOUE L352, do 24 de decembro de 2013. Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión.
Artigo 9. Resolución e recursos.

2. O prazo para resolver e notificar é dun mes, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido devandito prazo sen que se dicte resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.
3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este, sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
4. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co dlsposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 10. Incompatibilidades e concorrencia.
1. As axudas previstas neste programa para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego.
Con todo, serán compatibles, no seu caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.
2. Os incentivos establecidos neste programa serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, aisladamente ou en concorrencia con outras poidan supera os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 11. Perda do dereito ao cobro da subvención e reintegro.
1. Procederá a perda do dereito ao cobro da subvención , así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pago da subvención ata a data en que se acorde a orixe do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lel 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As obrigas de reintegro establecidas nesta orde, entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
3. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, por tanto, procederá o reintegro parcial dos incentivos, cando a persoa traballadora subvencionada cese a súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituilo.
Artigo 12. Devolución voluntaria da subvención.
1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu
Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2021 19/07/2021
16/07/2021 08:00:00
11:00:58

1. As resolucións de concesión ou denegación serán sempre motivadas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/07/2021

Page count57

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions