Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 163 luns, 19 de xullo de 2021

BOP Lugo
Artigo 3º: Duración e vixencia.
Para todos os efectos, salvo o referido no artigo 16 sobre a revisión salarial a partir do 31/12/2023, a vixencia deste convenio será do 1 de xaneiro de 2020, e finalizará o 31 de decembro de 2023, pactándose de común acordo que á súa expiración se considerará automaticamente denunciado sen necesidade expresa de denuncia.
Á terminación da vixencia deste convenio colectivo e mentres as partes non pacten outro convenio, este quedará prorrogado en todos os seus termos, polo que se seguirá aplicando a parte normativa e retributiva deste convenio.
Artigo 4º: Vinculación á totalidade.
Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fose declarada sen efecto pola xurisdición competente, deberá reconsiderarse no seu conxunto globalmente.
CAPÍTULO III.- RÉXIME RETRIBUTIVO
Artigo 5º: Estrutura salarial.
Está constituída polos seguintes conceptos: soldo base, complemento persoal individual de antigidade e outros pluses.
Artigo 6º: Pagamento de salarios.
O pagamento dos salarios correspondentes a cada persoa deberá efectuarse no último día laborable de cada mes. A persoa terá dereito a percibir anticipos á conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento.
Artigo 7º: Salario base.
Establécese un salario base por Funcións Profesións cuxos importes figuran na táboa salarial anexa II.

De acordo co artigo 8 do convenio colectivo de 1998-1999, mantéñense e consolídanse os importes que, por complemento persoal de antigidade, á data do 1-1-1999, tivese cada persoa, como complemento persoal non absorbible nin compensable, non xerándose máis quinquenios a partir da devandita data. Os contratos que se realicen ou convertan en indefinidos a partir do 31-12-1998 non devindicarán antigidade.
Artigo 9º: Gratificacións extraordinarias.
Gratificacións fixas. Todas as persoas ás que lles é de aplicación este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias anuais marzo, xullo e decembro, que se percibirán a razón de 30 días de salario base, complemento persoal individual de antigidade, ou parte proporcional correspondente ao tempo de permanencia na empresa.
Os períodos de devindicación das devanditas gratificacións son os seguintes:
Marzo: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano anterior.
Xullo: 1 de xullo do ano anterior ao 30 de xuño do ano actual.
Decembro: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano actual.
O aboamento das pagas extras de marzo e xullo realizarase xunto coa nómina ordinaria nos meses de febreiro e xuño. A paga extraordinaria de decembro seguirase aboando o día 15 de decembro.
Artigo 10º: Plus de produtividade.
Os persoal deste centro de traballo, cuxa xornada laboral se desenvolva de forma continua, non tendo recollido durante a súa xornada, un tempo de parada regrado, percibirán a compensación recollida en táboas, que se aboará en once mensualidades, nos importes que se indican na táboa salarial anexa III plus produtividade.
Artigo 11º: Plus de nocturnidade.
As quendas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se estableza atendendo a que o traballo sexa nocturno por natureza, terán un plus nocturno fixo para todas as persoas do importe indicado na táboa salarial anexo III plus nocturnidade, por cada quenda de noite ou a contía proporcional en función das horas nocturnas traballadas.
Artigo 12º: Axudas de custo.
Establécense os importes indicados na táboa salarial anexo III axuda de custo comida, axuda de custo almorzo e axuda de custo cea en concepto de axudas de custo para as persoas en concepto de almorzos, comidas e ceas. A categoría do hotel asignado será como mínimo de 3 estrelas.
A formación impartirase na xornada laboral, en caso contrario será voluntaria. Naqueles supostos nos que a formación se faga fóra da xornada laboral, os gastos de manutención correrán a cargo da Empresa, sempre que
Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2021 19/07/2021
16/07/2021 08:00:00
11:00:58

Artigo 8º: Antigidade consolidada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/07/2021

Page count57

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions