Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 162 sábado, 17 de xullo de 2021

BOP Lugo
Contra o referido acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse no prazo de 2 meses, a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos establecidos na normativa reguladora da devandita xurisdicción.
I.- Ordenanza municipal reguladora do réxime de funcionamento da pista de pádel e do prezo público pola utilización das súas instalacións Nova redacción dos Artigos 4, 5, 6, 9 e 12.
Artigo 4.- Control e mantemento das instalacións.

1. Para o control e mantemento da pista de pádel municipal o Concello poderá contratar os servizos dunha persoa física ou xurídica que terá as seguintes labores:

manter as instalacións en debidas condicións de uso.

xestionar o aluguer e cobranza da pista a través da internet, correndo da súa conta os gastos ocasionados pola creación e mantemento da páxina web correspondente.

controlar o acceso ás instalacións.

responsabilizarse da apertura e peche das pistas dentro dos horarios fixados polo Concello, que en principio se fixan en:
Apertura: todos os días da semana ás 9:00 horas.
Peche: igualmente, todos os días da semana ás 02:00 horas.
Artigo 5.-Usuarios/as Poderá utilizar a pista de pádel municipal calquera persoa que o solicite, de acordo co procedemento establecido na presente Ordenanza.

2.

Tipos de usuarios/as:

Socios/as: serán exclusivamente persoas empadroadas no Concello de Begonte que fagan a correspondente solicitude nas oficinas municipais ou mediante a Sede electrónica do propio Concello.
Non socios/as: resto de usuarios/as.

3.

Queda prohibido o uso da pista de pádel:

- Aos/ás menores de idade salvo que se atopen baixo a supervisión e responsabilidade dunha persoa adulta, que será a titular da reserva, excepto no caso dos/as empadroados/as menores de idade, que deberán nomear un adulto/a responsable do correcto uso e coidado da instalación no momento de formalizar a solicitude de socio/a, podendo ademais deste xeito facer por si mesmos/as a reserva.

A aquelas persoas que sexan sancionadas conforme esta Ordenanza e durante o tempo que dure a sanción.

Para dar clases por parte de particulares, salvo aquelas organizadas coa intervención do concello.

Artigo 6.- Aluguer de pista.
Para poder usar a pista de pádel é necesario facer a reserva previa, coa indicación do día e hora, e pagar o correspondente prezo público a través da pasarela de pago online establecida, que emitirá un recibo que servirá como xustificante acreditativo da reserva e do pago.

1.

Os/As usuarios/as deberán portar en todo momento o recibo xustificante da reserva, para poder facer valer o seu dereito ao uso, fronte a calquera que pretenda impedilo.

2.

As reservas poderanse realizar en fraccións dunha hora e media natural, establecéndose como norma xeral un máximo de 2 quendas horarias por usuario/a e día. Este número poderase ampliar sempre e cando o/a usuario/a teña esgotada a primeira das reservas.

3.

Se o/a usuario/a desexa anular unha reserva poderá facelo cunha antelación mínima de 3 horas antes da hora de inicio da súa quenda.

4.

Algunha das persoas que en cada momento estean a utilizar a pista deberá coincidir exactamente con aquela que se atope apuntada no cuadrante de reserva de pista. En caso de non ser así, veranse obrigados a abandonar a mesma.

5.

No caso de que as condicións da pista ou a climatoloxía por choiva intensa non permitan a práctica deportiva, terase a opción de anular a reserva cambiándoa para outro día ou realizar unha solicitude de devolución.

6.

Unha vez que a pista estea cuberta, non haberá opción de cambio ou devolución.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2021 17/07/2021
16/07/2021 08:00:00
10:44:55

1.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2021

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions