Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 158 martes, 13 de xullo de 2021

BOP Lugo
Base 2. Participantes Poderán ser persoas beneficiarias do programa de Benestar Social da Deputación de Lugo LugoTermal en establecementos balnearios da provincia de Lugo aquelas que reúnan os seguintes requisitos na data na que solicite a participación no programa:
a. A solicitante titular do Programa deberá cumprir os requisitos de estar empadroada nalgún dos concellos da provincia de Lugo e ter cando menos os 50 anos cumpridos. A titular, poderá participar cunha acompañante que non cumpra os requisitos contemplados neste parágrafo.
b. Valerse por se mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, excepto no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes, os cales deberán compartir habitación cos proxenitores, os cales serán os responsables dos mesmos.
c. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
d. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Base 3. Prazas convocadas Convócanse para participar no programa LugoTermal as prazas reflectidas no anexo II na modalidade A, tratamentos con estancia, así como, na modalidade B, tratamentos sen estancia, que se levarán en diferentes quendas e establecementos termais da provincia de Lugo durante o período comprendido dende a aprobación e entrada en vigor das presentes bases ata o 30.06.2022. En todo caso o inicio da prestación dos servizos termais estará supeditado á formalización do contrato dos mesmos 2021/CON_02/000019 e a súa duración.
Base 4. Servizos e prestacións ofertados
a. Serán estanzas, nos establecementos termais da provincia de Lugo, que participen no programa, de seis 6
días e cinco 5 noites en réxime de pensión completa en habitacións de uso compartido. Con carácter xeral o domingo será o día de entrada.
b. Se atenderá a dispoñibilidade dos establecementos para concretar o momento de acceso e saída aos mesmos, sendo acordado previamente coas participantes, pero en todo caso, a participante terá incluída unha pensión completa entre os días de entrada e saída almorzo, xantar e cena c. Con carácter xeral cada persoa participante do proxecto LugoTermal e por estanza terá cinco 5 días de tratamento nos cales se lles aplicarán como mínimo de quince 15 tratamentos, podendo ser ampliado por cada establecemento termal, en función da circunstancia persoal de cada participante e dispoñibilidade. Non se aplicarán as técnicas termais, cando estea contraindicado polo médico do establecemento termal correspondente, ou cando o usuario así o solicite expresamente, tendo que facilitarlle o balneario algunha alternativa, sempre que sexa viable e posible, sen custe adicional.
d. Os tratamentos termais realizaranse utilizando as técnicas específicas de cada modalidade terapéutica concertada, adecuadas á circunstancia persoal de cada participante, en función da tolerancia e características do mesmo, e sempre baixo prescrición facultativa e seguimento médico.
e. As participantes terán un recoñecemento médico previo a aplicación das técnicas termais, co obxecto de coñecer a súa situación médica inicial e prescribir o tratamento termal mais axeitado. O/a médico do establecemento termal deberá efectuar un correcto seguimento dos tratamentos/técnicas termais co obxecto de controlar a evolución nos participantes, co especial vixilancia daquelas persoas que padecen enfermidades crónicas ou se atopan en tratamento farmacolóxico que puidera verse afectado por estas técnicas termais.
Poderase realizar un último control médico emitíndose un informe, a petición da persoa usuaria, no que se describan tódalas características do tratamento efectuado, a evolución durante o mesmo, así como, as posibles recomendacións.
f. Se terán en conta as características das participantes do programa á hora de confeccionar os menús, tendo en conta que as persoas que por prescrición facultativa requiran menú de réxime e así o acrediten, disporán dun menú especial. En todo caso o servizo de manutención poderase realizar en réxime de autoservizo ou con servizo en mesa. Se o establecemento optase polo autoservizo, deberá de prever persoal de apoio para os usuarios que o precisen.
g. O tipo de almorzo será, como mínimo, o denominado continental, composto por café e/ou infusións, zume, pastelería variada e tostadas, aceite de oliva, manteiga e marmeladas; os menús serán variados, ofertando, polo menos, dúas modalidades diferentes, tanto para o primeiro como para o segundo prato e sobremesa.
h. Os menús do xantar e da cea incluirán viño de mesa de calidade meda e auga embotellada ou a propia do balneario, cando esta teña sido declarada oficialmente como auga mineromedicinal de utilidade pública e apta para a bebida, sobre todo se é para os tratamentos dos aparatos dixestivo, renal ou vías urinarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2021 13/07/2021
12/07/2021 08:00:00
11:52:25

Modalidade A, tratamentos con estancia:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2021

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions