Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 180 sábado, 7 de agosto de 2021

BOP Lugo
Lourenzá, 28 de xullo do 2021.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 2321

Anuncio O Pleno do Concello de Lourenzá na sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio do 2021 acordou aprobar inicialmente a Modificación da ORDENANZA FISCAL NÚM.2.-REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INSTALACIÓNS, CONSTRUCIÓNS E OBRAS ICIO, Dita modificación foi exposta ó publico polo prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no BOP. Núm. 126 de data 05/06/2021, sen que durante dito prazo se presentase reclamación algunha, polo que se entende definitivo o acordo inicialmente adoptado co texto das ordenanzas que se transcriben a continuación engadíndose o apartado segundo do artigo oito sendo do seguinte tenor:
ARTIGO 8.2.
Establécese unha bonificación potestativa de ata un 95% para as construcións, instalacións ou obras pola implantación dunha nova empresa que implique o exercicio dunha actividade económica ou empresarial no termo municipal de Lourenzá, sempre e cando implique a creación de emprego ou para construcións, instalacións ou obras por ampliación dunha empresa que xa viñera exercendo unha actividade económica ou empresarial no Concello de Lourenzá, sempre e cando, implicara tamén creación de emprego, regulador no artigo 103,2 letra a do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais
Creación de 1 a 10 postos de traballo.

50%

Creación de 11 a 20 postos de traballo
75%

Creación de máis de 20 postos de traballo
95%

As contratacións deberán ser indefinidas e a tempo completo.
As bonificacións aplicaranse durante un máximo de tres períodos impositivos e farase efectiva o día 1º de xaneiro do ano natural seguinte ao da concesión deste beneficio fiscal.
O beneficiario da bonificación será a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 33.4 da Lei Xeral Tributaria que sexan o dono da instalación, construción ou obra, con independencia de quen ostente a propiedade do inmoble sobre a que se realiza aquela. Terá a consideración de dono da construción, instalación u obra, quen soporte os custos da súa execución. Para desfrute da bonificación, o dono da construción, instalación ou obra deberá coincidir con que exerza a actividade.
Non poderá ser beneficiario de bonificación o suxeito pasivo que tivera adoptado medidas de regulación do emprego nos 12 meses anteriores á formalización dos contratos de traballo.
A declaración de especial interese ou utilidade municipal por fomento de emprego estable, así como a porcentaxe de bonificación corresponderá ao Pleno da Corporación co voto favorable da maioría simple dos seus membros previa solicitude do suxeito pasivo. O suxeito pasivo deberá achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a Poder de representación, no seu caso.
b Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afectado á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.
cDeclaración responsable sobre o emprego que creará, con indicación do número de novos postos de traballo, a súa categoría profesional e a modalidade de contratación.
dCertificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, Autonómica, co Concello de Lourenzá e coa Seguridade Social.
eAqueloutra documentación que, motivadamente, sexa requirida polo departamento de emprego do Concello de Lourenzá.
Tramitación no caso de execución de construción, instalación ou obra con carácter previo ao inicio da actividade.

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2021 07/08/2021
06/08/2021 08:00:00
12:44:55

A porcentaxe de bonificación será a seguinte:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2021

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions