Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 28 DE AGOSTO DE 2021

N.º 198

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. DELEGACIÓN
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do ACORDO/CONVENIO REGULADOR DOS EMPREGADOS PÚBLICOS AO SERVIZO DO CONCELLO DO
SAVIÑAO modificación, Código 27100010142021, asinado o día 31 de maio de 2021 pola representación do concello e polos representantes dos traballadores e as organizacións sindicais máis representativas, como membros da comisión negociadora, aprobado polo pleno do concello en data 11 de xuño de 2021, e de conformidade co disposto no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, ACORDO:

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 25 de agosto de 2021.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
ACORDO REGULADOR DOS EMPREGADOS PÚBLICOS AO SERVIZO DO CONCELLO DO SAVIÑAO
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Representación e lexitimidade As partes que concertan este acordo-convenio, son o Concello no exercicio da súa autonomía local, e os delegados de persoal funcionario, persoal laboral e organización sindicais mais representativas, constituídos en Mesa xeral de negociación do acordo-convenio dos empregados públicos, en uso das atribucións conferidas pola Lei 2/2015 de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, o Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e o R.D. Lexislativo 5/2015
de 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Ley del Estatuto Básico del Empleado Público.
Artigo 2. Ámbito territorial O presente Acordo será de aplicación no ente territorial do Concello do Saviñao e na totalidade de organismos e entes públicos que formen ou poidan formar parte do mesmo.
Artigo 3. Ámbito persoal O presente Acordo aplicarase integramente ao persoal funcionario e laboral que preste servizos no Concello do Saviñao, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego.
Non obstante, o réxime retributivo regulado no presente acordo non será de aplicación ao persoal laboral temporal contratado mediante subvencións, cunha duración sexa inferior aos nove meses, plans de emprego
que se rexeran polo contrato de traballo pola lexislación laboral vixente.
Artigo 4. Ámbito temporal, vixencia e denuncia 1. O presente Acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, abarcando o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2023, data na que se entenderá prorrogado por anualidades, de non existir denuncia dalgunha das partes, ata que a entrada en vigor do novo Acordo substitúa ao anterior trala oportuna negociación.
2. O Acordo considerarase denunciado cando así o faga calquera das partes por escrito con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións e deliberacións do novo Acordo, en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.
3. En calquera caso o Acordo en todo o seu contido considerarase prorrogado ata que outro asinado o substitúa.

Anuncio publicado en: Num BOP 198 año 2021 28/08/2021
27/08/2021 08:00:00
12:55:11

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/08/2021

Page count59

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions