Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 7 DE AGOSTO DE 2021

N.º 180

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data vinte e oito de xullo de dous mil vinte e un, relativa á renuncia ao réxime de dedicación exclusiva do deputado provincial D. Agustín Baamonde Díaz, que textualmente di o seguinte:
Logo de ver o acordo adoptado polo Pleno desta Excma. Corporación Provincial, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de xullo de 2019, referido á aprobación da proposta sobre concesión de dedicacións exclusivas aos membros da Corporación.

Tendo en conta que por Resolución desta Presidencia de data 30 de xullo de 2019, resólvese que, entre outros, o Sr. deputado provincial don Agustín Baamonde Díaz, desempeñe o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva.
Tras ver que o Grupo Provincial Popular con data 27 de xullo de 2021, presenta escrito solicitando a renuncia do Sr. deputado provincial don Agustín Baamonde Díaz, presenta a súa renuncia á percepción da dedicación exclusiva outorgada.
Por todo iso, de conformidade co disposto no art. 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, art. 34 e 75 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e art. 225 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, esta Presidencia, a proposta do Grupo Provincial Popular, RESOLVE:
Aceptar a renuncia do Sr. deputado provincial don Agustín Baamonde Díaz, membro do Grupo Provincial Popular, ao desempeño do seu cargo en réxime de dedicación exclusiva, así como a percepción da retribución correspondente, con efectividade do día 31 de xullo de 2021.
Do presente Decreto darase conta ó Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre e, publicarase no Boletín Oficial da Provincia.
O que se fai público para os oportunos efectos.
Lugo, 3 de agosto de 2021.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca.- A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.

Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data trinta de xullo de dous mil vinte e un, relativa á concesión do réxime de dedicación exclusiva ao deputado provincial D. Oscar Poy Franco, que textualmente di o seguinte:
Logo de ver o acordo adoptado polo Pleno desta Excma. Corporación Provincial, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de xullo de 2019, referido á aprobación da proposta sobre concesión de dedicacións exclusivas aos membros da Corporación.
Resultando que dita proposta recolle, entre outros extremos, a concesión ao Grupo Provincial do Partido Popular de tres dedicacións exclusivas e unha parcial segundo consideren.
Resultando que polo Grupo Provincial Popular se presenta proposta con data 30 de xullo de 2021, de asignación dunha dedicación exclusiva a favor do deputado provincial don Óscar Poy Franco, con efectividade do 1 de agosto de 2021.
Por todo iso, de conformidade co disposto no art. 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, arts. 34 e 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e art. 225 da Lei 5/1997 de administración local de Galicia, esta Presidencia, a proposta do Grupo Provincial do Partido Popular, RESOLVE:

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2021 07/08/2021
06/08/2021 08:00:00
12:44:55

Dita proposta recolle, entre outros extremos, a concesión ao Grupo Provincial Popular de tres dedicacións exclusivas e unha parcial segundo consideren.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2021

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions