Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 25 DE AGOSTO DE 2021

N.º 195

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio Exposición pública da Conta Xeral do exercicio 2020.
Formada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a CONTA XERAL
correspondente ao EXERCICIO DE 2020, exponse ao público polo prazo de QUINCE DÍAS HÁBILES contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, durante os cales os interesados poderán examinala e presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido la Lei Reguladora das Facendas Locais.
Abadín, 20 de Agosto de 2021.- O alcalde, José María López Rancaño.

BARREIROS
Anuncio Visto que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Visto que durante os días 4 a 19 de setembro a alcaldesa atoparase ausente do Municipio por período vacacional.
Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro ROF, RESOLVO
PRIMEIRO. Delegar en Antonio Veiga Outeiro, como Primeiro Tenente de alcalde a totalidade das funcións da Alcaldía dende o día 4 ó 19 de setembro de 2021, ambos incluídos.
SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros.
TERCEIRO. O órgano delegado debe informar a esta Alcaldía, a posteriori, e, en todo caso, cando se lle requira para iso, da xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia, e con carácter previo daquelas decisións de transcendencia, tal e como se prevé na o artigo 115 do ROF.
CUARTO. A delegación conferida no presente Decreto requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tácitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución.
QUINTO. Esta delegación publicarase no BOP, e farase pública a través do taboleiro de anuncios do concello, tanto o físico como o da sede electrónica municipal, e darase conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre.
SEXTO. No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, en canto ás regras que para a delegación se establecen en devanditas normas.

Anuncio publicado en: Num BOP 195 año 2021 25/08/2021
24/08/2021 08:00:00
13:32:40

R. 2503

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/08/2021

Page count12

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions