Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 30 DE AGOSTO DE 2021

N.º 199

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE FORMACIÓN
Anuncio CONVOCATORIA CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
PARA O ANO 2021

Aprobadas as accións formativas de Formación Continua da Deputación Provincial de Lugo para o 2021 na Mesa Provincial de Formación, en reunión mantida o 28-06-2021, e mediante Resolución da Presidencia de 16-07-2021
a Área de Formación, Ensino e Economía do coñecemento propón a publicación da súa convocatoria, bases e anexos no BOP das seguintes accións formativas:
-

01.02.01.21 A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA LOCAL ANTE AS LEIS DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO, RÉXIME XURÍDICO E TRANSPARENCIA. MODALIDADE EN LIÑA

-

01.05.01.21 OPERADOR/A DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRA. MODALIDADE
PRESENCIAL

-

01.07.01.21 CONTRATOS DE OBRAS, SERVIZOS E SUBMINISTROS. O CONTRATO MENOR. TRAMITACIÓN A
TRAVÉS DA PLATAFORMA DO SECTOR PÚBLICO. MODALIDE EN LIÑA

-

01.08.01.21 INCIDENCIAS NA APLICACIÓN DA LEI 39/2015 E 40/2015 NA ADMINISTRACIÓN LOCAL.
MODALIDADE EN LIÑA

-

01.14.01.21 A LICITACIÓN ELECTRÓNICA A TRAVÉS DA PLATAFORMA DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO.
MODALIDADE EN LIÑA

-

01.18.01.21 OFIMÁTICA CON LIBREOFFICE WRITER. NIVEL AVANZADO. MODALIDADE EN LIÑA

-

01.19.01.21 NEXT GENERATION EU. PLAN DE RECUPERACIÓN PARA EUROPA NO MARCO DA COVID-19.
MODALIDADE EN LIÑA

As características e contidos específicos destes cursos detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes:
BASES XERAIS
PRIMEIRA.- SOLICITUDES
1. O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP. Todos os campos deben ser cumprimentados. No caso dos cursos que se impartan dentro do horario laboral é obrigatoria a sinatura do superior/a xerárquico/a, alcalde/sa ou presidente/a así como o selo da entidade.
2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 10 DE SETEMBRO DE 2021 ÁS 12:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
4. A documentación dirixirase ao Sr. Presidente da Deputación de Lugo, Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento por:

Anuncio publicado en: Num BOP 199 año 2021 30/08/2021
27/08/2021 08:00:00
11:41:46

A Escola Galega de Administración Pública EGAP, mediante Resolución do 25 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2021, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas código de procedemento PR780A, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 10 de xuño de 2021.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/08/2021

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions