Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 5 DE AGOSTO DE 2021

N.º 178

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 30 de xullo de 2021, apróbase a Convocatoria e as Bases Específicas que rexerán o procedemento selectivo de 1 peón da brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN PEÓN PARA A BRIGADA MUNICIPAL
DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E CREAR UNHA LISTAXE DE EMPREGO
TEMPORAL.
O obxecto desta convocatoria é proceder, por trámite de urxencia, á selección de persoal laboral temporal, do seguinte emprego no Concello de Alfoz.

-

Nº empregos: 1

-

Denominación: Peón para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

-

Réxime Xurídico: Persoal laboral temporal
-

Duración vínculo de servizo: Dende a data de formalización do contrato ata o 30 de outubro de 2021.

-

Duración xornada: Xornada completa.

Listaxe de emprego temporal para a praza de Peón para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais Campaña 2021:
-

Modalidade da listaxe: Específica
O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN PEÓN PARA A
BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CONTRATACIÓN
LABORAL TEMPORAL A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO
CONCELLO DE ALFOZ.
1. OBXECTO.
As presentes bases específicas complementan as bases xerais que foron aprobadas por Resolución da Alcaldía en data 16 de novembro de 2017, e publicadas no B.O.P. de Lugo número 269 de 23 de novembro de 2017.
Ámbalas dúas bases establecen as normas para a selección de persoal provisional ou temporal.
O obxecto das presentes bases é regular a contratación laboral temporal polo Concello de Alfoz, por trámite de urxencia, de 1 peón para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco da addenda ao convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Alfoz para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2021.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
-

DENOMINACIÓN: PEÓN de brigada
-

Réxime Xurídico: PERSOAL LABORAL TEMPORAL

Anuncio publicado en: Num BOP 178 año 2021 05/08/2021
04/08/2021 08:00:00
10:32:44

Denominación e características obxecto da convocatoria do emprego de Peón para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais Campaña 2021:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/08/2021

Page count19

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions