Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 12 DE AGOSTO DE 2021

N.º 184

CONCELLOS
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio O Pleno da Corporación na súa sesión celebrada o día 26 de xullo prestou aprobación definitiva á MODIFICACIÓN
DA ORDENANZA DE TRÁFICO DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, quedando redactados os artigos que se relacionan, na forma que, a continuación, se indica:
Artigo 23.- Procedemento de autorización de instalación de sinais de circulación
2. Unicamente se autorizarán sinais informativos de circulación. A súa concesión está suxeita a que, a criterio do Órgano de Goberno Municipal competente no ámbito de tráfico, teñan interese público e o custo de instalación e mantemento destes sinais será a cargo do beneficiario da autorización.
3. As concesións de dereitos de uso privativos, como vaos ou zonas reservadas que puidesen autorizarse en aplicación do previsto na presente ordenanza leva implícita a autorización de instalación da correspondente sinalización polo tempo de vixencia dos mesmos.
4. Exclúese do establecido neste artigo a sinalización de obras ou obstáculos na vía que se efectuará de acordo coa súa regulación específica.
5.- Medios técnicos para control do tráfico en acceso restrinxidos ou prohibidos.
O concello de Monforte de Lemos disporá, para a vixilancia e disciplina do tráfico e a constatación de determinadas condutas viarias como feitos constitutivos de infracción aos preceptos establecidos nas normas de tráfico e circulación de vehículos, de medios técnicos a través dos que se poida determinar a existencia da infracción e a identificación do vehículo.
Os instrumentos determinados para a captación de infraccions deberán cumprir cos requisitos que se establezcan legalmente.
A xestión das imaxes captadas por medios técnicos corresponderalle á Policia Local de Monforte de Lemos, sen prexuízo dos acordos aos que poida chegar o Concello en materia de trámite das denuncias que puidesen resultar, ou para a recadación das sancións que leven aparelladas, serán debidamente custodiadas e non se utilizaran para outros fins.
A instalación e uso de videocámaras e de calquer outro medio de captación e reproducción de imaxes para o control, regulación, vixilancia e disciplina do tráfico será acordada pola Alcaldía ou se é o caso, a Xunta de Goberno Local ou o/a concelleiro/a delegado/a. A Xestión dos datos e imaxes obtidas corresponderalle á Policia Local, para os fins previstos na normativa específica na materia e pola que se regula a utilización de videocámaras polas forzas e corpos de seguridade en lugares públicos. O concello poderá contratar a instalación e mantemento con empresas especializadas.
A disposición ou resolución, de ser o caso, que ordene a instalación e o uso dos dispositivos fixos de captación e reproducion identificará xenericamente as vías publicas ou os tramos daquelas cuxa imaxe sexa susceptible de ser captada, as medidas tendentes a garantir a preservación da dispoñibilidade, confindencialdade e integridade das gravacions ou rexistros obtidos, serán xestionados polo servizo da Policia Local, encargada da súa custodia, e da resolución das solicitudes de acceso e cancelación.
A utilización das videocámaras contempladas nesta disposición polas forzas e corpos de seguridade para fins distitntos dos previstos nesta rexerase polo disposto na Lei Organica 4/1997, do 4 de agosto, pola que se regula a utilización de videocámaras polas forzas e corpos de seguridade en lugares públicos e no seu regulamento de desenvolvemento e execución.

Anuncio publicado en: Num BOP 184 año 2021 12/08/2021
11/08/2021 08:00:00
10:47:45

1. Os particulares e calquera entidade privada ou pública distinta do Concello de Monforte de Lemos que pretendan a instalación de sinais de circulación deberán presentar solicitude a este, na que constará o n.º e tipo de sinais a instalar, o lugar onde pretenden situalas así como os motivos que xustifiquen a súa petición e se esta ten carácter temporal ou permanente, quen resolverá a súa concesión ou denegación, requirindo previamente informe da Policía Local.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/08/2021

Page count14

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions