Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 16 DE AGOSTO DE 2021

N.º 187

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 3 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica LMT DERIVADA CANABAL-CAMPO DA FESTA, no concello de Sober Exp. 2020/14 A.T.
Examinado o expediente instruído a instancia da empresa UFD Distribución Electricidad S.A., con enderezo para os efectos de notificación en Avda San Luis, 77, 28033 Madrid, aprécianse os seguintes
Primeiro.-Con data 20 de abril de 2020, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT DEIVADA
CANABAL-CAMPO DA FESTA, no concello de Sober, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE 27 de decembro do 2000, núm. 310, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE do 27 de decembro de 2013, núm. 310 e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo.- O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial do 12 de febreiro de 2021. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 26 de febreiro de 2021, no BOP de Lugo do 2 de marzo de 2021 e no DOG do 15 de marzo de 2021, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Sober. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro.- Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Cuarto.-Durante o trámite de información pública presentaron alegacións.os Herdeiros de Fernando López Martínez, as cales foron respostadas pola empresa e enviadas ós alegantes o 23 de xullo de 2021.
Quinto.-Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emítiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, infórmase polos referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre as fincas incluídas na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.
A este feitos son de aplicación os seguintes Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude. de acordo coas competencias que resultan do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro DOG n 22 do 1 de febreiro, sobre órganos competentes para autorización de
Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2021 16/08/2021
13/08/2021 08:00:00
13:04:06

Antecedentes de feito.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/08/2021

Page count14

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions