Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 180 sábado, 7 de agosto de 2021

BOP Lugo
a Poder de representación, no seu caso.
b Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas.
c Memoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afectado á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.
d Certificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, Autonómica, co Concello de Lourenzá e coa Seguridade Social.
e Aqueloutra documentación que, motivadamente, sexa requirida polo Departamento de emprego do Concello de Lourenzá.
No prazo dun mes dende o remate da construción, instalación ou obra, que respectará o prazo concedido na licenza o suxeito pasivo deberá comunicar ao Concello, a finalización, achegando certificado de final de obra.
No prazo de dous meses dende a data mentada no parágrafo anterior, o suxeito pasivo deberá presentar a comunicación previa de inicio da actividade ou solicitude do título habilitante para o exercicio da actividade coa seguinte xustificación documental da xeración do emprego:
a Informe de Vida Laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.
b Relación dos traballadores contratados, con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á Seguridade Social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.
c Relación Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.

e No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.
4.6.- Tramitación no caso de que non se realizase construción, instalación nin obra con carácter previo ó inicio da actividade:
4.6.1.-O prazo de presentación da solicitude será de dous meses dende a presentación da comunicación previa de inicio de actividade ou da obtención do título habilitante para o exercicio da actividade, achegando a seguinte documentación:
a Poder de representación, no seu caso.
b Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que conste a alta no municipio no epígrafe da actividade no Imposto sobre Actividades Económicas .
cMemoria xustificativa sobre o proxecto da actividade económica ou empresarial de nova creación ou de ampliación, na que constará a referencia catastral do inmoble afectado á actividade económica ou empresarial no que se realiza a construción, instalación ou obra; a creación de novos postos de traballo; a súa categoría profesional e a modalidade e duración da contratación.
dCertificado de estar ao corrente coa Facenda Estatal, Autonómica, co Concello de Lourenzá e coa Seguridade Social.
e Informe de Vida Laboral das contas de cotización dende o inicio ou ampliación da actividade.
f Relación dos traballadores contratados, con expresión do seu nome e apelidos, NIF, número de afiliación á Seguridade Social, data de inicio, modalidade e duración do seu contrato.
gRelación Nominais de Traballadores e Recibos de Liquidación das Cotizacións.
hCopia dos contratos de traballo dos empregos creados.
i No seu caso, TA2 de baixa dos traballadores indefinidos contratados que causaron baixa por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por resolución durante o período de proba.
4.7.- O incumprimento dos requisitos esixidos suporá a perda da bonificación e a liquidación do importe deixado de ingresar, xunto cos xuros de mora correspondentes.
4.8.- Respecto aos restantes aspectos da bonificación non previstos neste artigo, estarase ao disposto no Real Decreto 1065/2007 de 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral das Actuacións de dos Procedementos de Xestión e Inspeccións tributarias e de desenvolvemento das normas comúns de aplicación dos tributos.

Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2021 07/08/2021
06/08/2021 08:00:00
12:44:55

d Copia dos contratos de traballo dos empregos creados.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/08/2021

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions