Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 178 xoves, 5 de agosto de 2021

BOP Lugo
lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.
Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego CELGA 2 deberán realizar esta proba que poderá consistir, alternativamente, na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
6.3. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 10 puntos.
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:

Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean debidamente acreditados.

Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas do emprego convocado.

5.3.1 Experiencia profesional puntuación máxima de 7 puntos.
Por acreditar ter experiencia en servizos efectivos prestados nas Administración Públicas na mesma praza, categoría ou realizando as mesmas funcións que na praza que se convoca: 0,50 puntos/mes.
Por acreditar ter experiencia nun posto de traballo da mesma categoría e relacionado coas funcións da praza que se convoca en empresas privadas: 0,25 puntos/mes.
A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial.
Acreditarase mediante a presentación de informe de vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Por ter realizado curso básico de protección civil impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 1 punto.

Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,60 puntos.

Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,30 puntos
Será acreditado mediante presentación do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.
No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida na proba de oposición. Se continúa o empate decidirá o apartado de experiencia, incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado. De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 3 puntos. Si aínda así persistira, observarase a prioridade pola orde de entrada da solicitude no rexistro de entrada do Concello.
A puntuación final será a suma das puntuación das fases de oposición e de concurso dos aspirantes que superasen a fase de oposición e resultasen aptos na proba de galego. Serán propostas para o posto de traballo convocado as catro persoas que acadaran a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo, ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.
A persoa que obteña a maior de todas as puntuacións, será designado peón condutor.
7.- INCIDENCIAS.
Estas bases e tódolos actos administrativos que delas se deriven, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.
Alfoz, 30 de xullo de 2021.- O Alcalde, Jorge Val Díaz.
R. 2309

Anuncio publicado en: Num BOP 178 año 2021 05/08/2021
04/08/2021 08:00:00
10:32:44

6.3.1 Formación relacionada co desempeño do posto de traballo Puntuación máxima: 3 puntos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/08/2021

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions