Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 178 xoves, 5 de agosto de 2021

BOP Lugo
-

DURACIÓN DO VÍNCULO de servizo: dende a data de formalización do contrato ata o 30 de outubro de 2021.

-

tempo Xornada: COMPLETA 100 % xornada.

-

cometido funcional: Consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Alfoz e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto. De conformidade co Convenio subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Alfoz, os compoñentes da brigada realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa de eles durante cada un dos tres meses de operatividade da brigada, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.

3.- RETRIBUCIÓNS: Será de 1.108,33 € brutos mensuais para os peóns, incluída a parte proporcional das pagas extra.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente.
b Específicos:
Estar en posesión do carné de conducir clase B.
Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 2 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.

O Concello de Alfoz tramitará de urxencia e abrirá un prazo de solicitudes de participación no proceso selectivo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto da convocatoria e destas bases no BOP.
Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, en virtude do cal se realizarán as contratacións.
As solicitudes presentaranse tal e como ven recollido nas bases 6 e 7 das bases xerais.
A proba da fase de oposición, a realización da proba de galego para aqueles que non acrediten o nivel de galego CELGA 2 e a valoración da fase de concurso, terá lugar o día que se publique no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, que será cunha antelación mínima de 48 horas á hora da súa celebración.
Seleccionados os/as traballadores/as, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo, nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como peón de brigada. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.
O Concello procederá á contratación da persoa proposta que superara o exame médico e a proba de esforzo baixo a modalidade de obra ou servizo determinado.
6. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
6.1 FASE DE OPOSICIÓN:
Consistirá na realización dunha proba teórica ou práctica ou entrevista determinada polo tribunal cualificador, na que se analizará a capacidade funcional das/dos aspirantes para levar a cabo as funcións propias do posto ofertado.
Correspóndelle ao tribunal establecer o tempo máximo da proba a realizarse.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria, cualificándose ata un máximo de 10 puntos, sendo necesario para superar a mesma obter unha puntuación mínima de 5 puntos.
6.2 PROBA DE GALEGO:
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da
Anuncio publicado en: Num BOP 178 año 2021 05/08/2021
04/08/2021 08:00:00
10:32:44

5. TRAMITACIÓN.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/08/2021

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions