Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 163 venres, 17 de xullo de 2020

BOP Lugo
-Libro de familia.
-Certificado de convivencia da unidade familiar no Padrón Municipal.
-No caso de discapacidade ou incapacidade para o traballo dalgún membro: certificación expedida polo Equipo de Valoración de Incapacidades EVI do Instituto Nacional da Seguridade Social ou as emitidas polos Equipos de Valoración e Orientación EVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
-Copia da declaración da renda do último exercicio, ou no seu defecto de non estar obrigado/a á súa prestación, certificación das rendas obtidas emitida pola Axencia Española da Administración Tributaria.
A bonificación surtirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da resolución da solicitude.
4.2. Establecese unha bonificación do 75% da cota íntegra do imposto, a favor de aqueles inmobles nos que estean ubicadas unicamente construcións nas que se desenvolva total e exclusivamente actividades económicas agrarias, gandeiras e forestais, que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración.
A declaración de interese ou utilidade municipal, aprobarase pola Xunta de Goberno, en canto competencia do Pleno que se delega nela, por razóns de operatividade.
Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-DNI/NIF/CIF do solicitante.
-Certificado de Facenda no que conste a situación censal do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo.

-No caso de que o titular catastral das construcións, instalacións e obras referidos nos se correspondan co titular da explotación que se desenvolva nelas, este deberá achegar ademais da documentación establecida a documentación que acredite a cesión do uso ou aluguer dos referidos inmobles, admitíndose a presentación de declaración xurada do titular do inmoble sobre recoñecemento de vinculación coa actividade do titular da explotación, asinado por ambos.
-No caso de persoas xurídicas, deberán presentar os estatutos de constitución.
-Certificacións acreditativas de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.
-Documentación acreditativa do recoñecemento da explotación agraria, gandeira ou forestal ou licenza de actividade.
-Certificado actualizado da inscrición da explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
-Declaración responsable do suxeito pasivo conforme a actividade agraria, gandeira ou forestal é a única actividade económica que se desenvolve no inmoble obxecto da bonificación.
Previamente á súa aprobación, o concello realizará de oficio as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto da bonificación solicitada.
Os obrigados tributarios deberán comunicar ao Concello, calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para a aplicación de este beneficio fiscal.
Polo Concello, poderá declararse, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación da apertura de dito prazo se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal.
De igual xeito se procederá cando a administración coñeza por calquera outro xeito, a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.
A bonificación surtirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da resolución da solicitude.
4.3- Establecese unha bonificación do 75% da cota a favor dos bens inmobles rústicos das Cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, de 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas.
Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-CIF do solicitante.
-NIF do representante legal.
-Certificado de Facenda no que conste a situación censal do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo.
-Acreditación da titularidade catastral do inmoble.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2020 17/07/2020
16/07/2020 08:00:00
12:07:07

-Acreditación da titularidade catastral do inmoble .

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2020

Page count29

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions