Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 163 venres, 17 de xullo de 2020

BOP Lugo
Lugo, 9 de xullo de 2020.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.
R. 1503

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio En sesión plenaria celebrada o 28 de maio de 2020, o Concello aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora sobre o imposto de Bens Inmobles do Concello de Baralla.
O acordo da súa aprobación expúxose ao público no BOP número 130 de data 8 de xuño de 2020, sen que se presentara ningunha reclamación durante o prazo de exposición, polo que a devandita Ordenanza considérase definitivamente aprobada de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e publicarase no Boletín Oficial da Provincial o seu texto íntegro.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.Artigo 1.- Obxecto O Concello de Baralla de conformidade co disposto nos artigos 60 a 77 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, fai uso da facultade que lle confire a mesma en orde á fixación dos elementos necesarios para a determinación das cotas tributarias do Imposto sobre Bens Inmobles rexéndose a súa exacción polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

- Bens Inmobles Urbanos 0,50 % .
- Bens Inmobles Rústicos 0,60 %.
- Bens Inmobles de Características Especiais 1,3 %.
Artigo 3. Exencións Gozarán de exención os bens inmobles previstos no artigo 62 do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, pola que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Estarán exentos do pago deste imposto os bens inmobles destinados a Centros Sanitarios de titularidade pública, sempre que estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos dos referidos centros.
O abeiro do establecido no artigo 62.4 do Real Decreto lexislativo antedito, e en base a criterios de eficiencia e economía na xestión recadatoria do tributo, tamén quedarán exentos de tributación os recibos e liquidacións correspondentes aos seguintes Bens Inmobles:
a Bens Inmobles urbanos cunha cota tributaria líquida inferior a 6 euros.
b Bens Inmobles rústicos no caso de que, para cada suxeito pasivo, a cota tributaria líquida correspondente á totalidade dos bens rústicos posuídos no termo municipal sexa inferior a 6 euros.
Artigo 4.- Bonificacións.
4.1.- Os suxeitos que ostenten a condición de titulares de familias numerosas nas que estean empadroados todos os membros da mesma, durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida e cuxos ingresos anuais brutos non superen a cantidade de 30.000 € gozarán dunha bonificación na cota íntegra do imposto, de acordo coas seguintes categorías:
-

Xeral: bonificación do 75% para aqueles suxeitos pasivos titulares de familias numerosas con tres ou catro fillos, ou que tendo dous fillos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para o traballo.

-

Especial: bonificación do 90% para aqueles suxeitos pasivos titulares de familias numerosas de máis de catro fillos.

Terá a consideración de vivenda habitual a que figure como residencia no Padrón Municipal.
Teranse en consideración os ingresos unicamente do titular da familia numerosa.
Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-DNI/ NIF do titular ou do representante e acreditación da representación.
-Título de Familia Numerosa.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2020 17/07/2020
16/07/2020 08:00:00
12:07:07

Artigo 2.-Tipos de gravame

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2020

Page count29

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions