Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 31 DE XULLO DE 2020

N.º 174

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSO HUMANOS E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE 24 DE
XULLO DE 2020 POLO QUE APROBA A CONVOCATORIA E AS BASES ESPECÍFICAS PARA AMPLIAR A VIXENTE
LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL DE TRABALLADOR/A SOCIAL.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Visto que está vixente unha listaxe de emprego temporal de Traballador/a Social, e constatándose a necesidade de que a Entidade amplíe a citada listaxe para poder atender as necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional,cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.2 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 09.03.2011 publicado no BOP núm. 056, do 10.03.2011, ACORDE:
1º Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a ampliación da listaxe de emprego temporal vixente de Traballador/a Social, grupo A subgrupo A2, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal interino/a polas causas reguladas no art.
10.1 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Estatuto dos Traballadores.
2º Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados, publicadas no BOP núm. 079, de 06 de abril de 2020corrección de erro BOP 161 de 15 de xullo de 2020.
3º Aprobar as bases específicas, que complementarán as bases xerais, que rexerán o procedemento selectivo para a ampliación da listaxe de emprego temporal da praza sinalada no apartado primeiro.
4º Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados nas bases xerais e específicas, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia e nos lugares determinados nas bases xerais.
6º Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
Contra o presente Acordo que pon fin a vía administrativa poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste Acordo no BOP ou ben recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación ,sen prexuízo de que se interpoña calquera outra que se estime oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 174 año 2020 31/07/2020
30/07/2020 08:00:00
12:18:32

Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 BOP núm. 231, do 08.10.2009; 16.12.2011 BOP núm. 294, do 26.12.2011 e 14.02.2019 BOP núm. 039, do 15.02.2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/07/2020

Page count28

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions