Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 8 DE XULLO DE 2020

N.º 155

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE ACTAS
Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria celebrada o día trinta de xuño de dous mil vinte, a modificación do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo proposto pola Secretaría, exponse ó público na Secretaría desta Entidade, durante o prazo de trinta días, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, de conformidade co sinalado no art. 70.2 en relación co 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Lugo, 1 de xullo.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca. A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.

ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E
INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio EDICTO
NOTIFICACION COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIODICO.
De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos ingresos públicos e concellos que se citan:
CONCELLO

PERIODO

O VALADOURO

2º semestre-2019

SOBER

2º semestre-2019

SOBER

2º semestre-2019

TAXAS
Taxa de auga, lixo, sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia Taxa de auga,, sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
Lugo, 22 de xuño de2020.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1427

Anuncio publicado en: Num BOP 155 año 2020 08/07/2020
07/07/2020 08:00:00
11:54:09

R. 1448

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/07/2020

Page count46

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones